Skip to Content
 

Normalización lingüística

Predición meteorolóxica para A Coruña do 11 ao 18 de abril

 Na locución a alumna de 4º ESO A Amalia García Blanco.

3ª EDICIÓN DO CONCURSO “HAI DEBATE” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS COA COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA E XEOGRAFÍA E HISTORIA

BASES E OBXECTIVOS
 
 
1. Poderá participar todo o alumnado 1º bacharelato matriculado no IES Monelos no curso 2022-2023. 
 
2. O obxectivo do concurso é fomentar o uso oral da lingua galega por parte do alumnado deste nivel. Por outro lado preténdese fomentar un ambiente de tolerancia dentro das discrepancias que hai dentro das opinións que mantemos as persoas. 
 
3. O concurso durará 2 semanas. Empezará na semana do 17 de abril de 2022 e rematará na semana do 24 ao 28 de abril. 
 
4. O concurso desenvolverase coa colaboración do departamento de filosofía e desenvolverase nas sesións de aula destes niveis.
 
5. O tema escollido na fase inicial e final quedará establecido polo departamento de filosofía. 
 
6. O concurso estará estruturado da seguinte maneira: • Durante a primeira semana (17 ao 21 de abril) desenvolverase un debate nalgún dos grupos de 1º de bacharelato. • Na semana do 24 ao 28 de abril realizarase a final. 
 
7. As sesións dos debates poderán ser gravadas. 
 
8. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 
 
• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo’s Bar. • 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 
 
9. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.

3ª EDICIÓN DO CONCURSO “GALEGO CON CIENCIA” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS

 BASES E OBXECTIVOS


1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2022-2023. 
 
2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico. 
 
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 17 de abril de 2023 e rematará na semana do 8 ao 12 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas). 
 
4. O concurso terá tres niveis: 
 
• 1º e 2º de ESO. 
• 3º e 4º de ESO. 
• Bacharelato. 
 
5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente. 
 
6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira: 
 
• Durante a primeira semana (17 ao 21 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.
• Na segunda semana (do 24 ao 28 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.
• Na terceira semana (do 1 ao 5 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerté polo menos nove das dez cuestión formuldadas. 
• Na derradeira semana (8 a 12 de maio) poderán ser gañadores unicamente os que acerten todas as cuestión formuladas. 
 
7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com 
 
8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira. 
 
9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público na páxina web e no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis. 
 
10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria. 
 
11. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 
 
• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo's Bar. • 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 
 
12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito: 
 
a) Maior puntuación nas tres semanas previas.
b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto. 
 
12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases. 
 
 
A gañadora do III Concurso "Galego con Ciencia" 2022-2023 en 1º e 2º de ESO é a alumna de 1º ESO Elena Álvarez-Azurmendi Gutiérrez.
Nas categorías de 3º e 4º de ESO e Bacharelato queda deserto ao non acadar ningún dos concursantes o obxectivo fixado.
Grazas ao alumnado que participou no concurso.
 



CONCURSO LITERARIO DAS LETRAS GALEGAS DO IES MONELOS 2023

GAÑADORAS DO CONCURSO
 
 O xurado do IES Monelos constituído polas profesoras Luísa Corredoira, Mª Elena García, Berta Otero, Mar Rodríguez e Pilar Tobar concedeu os seguintes premios do Concurso literario das letras galegas do IES Monelos 2023 aos seguintes concursantes:
 
1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO)
 
Poesía:                  Stefany Noemí Vasquez Yerbes (3º ESO A)
Narrativa breve:    Inés Insua Puente (1º ESO B)
 
2ª Categoría (4º ESO e Bacharelato)
 
Poesía:                 Sara Lorenzo Naya (4º ESO A)
  
A entrega de premios realizarase o martes 16 de maio ás 12:10 na Aula "Xurxo Lobato".
Parabéns ás gañadoras!
 
BASES DO CONCURSO
 
Francisco Fernández del Riego (Letras Galegas 2023)   
 
 
PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2022-2023. Para este concurso estableceranse dúas categorías: 
 
-1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). 
-2ª Categroría (4º ESO e Bacharelato). 
 
SEGUNDA.- Cada participante de cada unha das categorías poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve
 
- Modalidade de poesía: presentaranse dous poemas como mínimo, de tema e forma libres. 
- Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre. 
 
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados. 
 
CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar. 
 
QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. 
 
No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e MODALIDADE. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra. 
 
SEXTA.- Haberá un premio por modalidade, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. 
 
O importe dos premios será de: 
 
Modalidade de poesía 1ª categoría: vale de 30 €. 
Modalidade de narración breve 1ª categoría: vale de 30 €. 
Modalidade de poesía 2ª categoría: vale de 30 €. 
Modalidade de narración breve 2ª categoría: vale de 30 €. 
 
SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 11 de abril e remata o día 5 de maio de 2022. 
 
OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer 12 de maio de 2023. 
 
NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno. 
 
DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.

Radio Monelos: Historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 14. A Coruña e Curros Enríquez

 Programa elaborado polas alumnas de 1º ESO Sara Díaz Ruíz e Paula Seijas Seoane.

 

Radio Monelos: programa musical sobre Carolina Rubirosa

Programa elaborado pol@s alumn@s de 4º ESO A Lucas Eiroa Osoro e Martina Iris Estévez Domínguez (curso 2022-2023)

Radio Monelos: programa musical sobre "FØ Records"

Programa sobre o grupo de rap Records elaborado pola alumna de 4º ESO Sara Lorenzo Naya.


  
 

Previsión meteorolóxica na Coruña do martes 28 de marzo ao martes 4 de abril.

 Elaborado pola Meteoescola do IES Monelos. Locución alumna de 4º ESO Sara Lorenzo Naya.

Radio Monelos: programa musical sobre Antía Muíño

 Programa realizado polas alumnas Catalina Bago Pérez (2º ESO) e Sara Lorenzo Naya (4º ESO)


Radio Monelos: programa musical "Malandrómeda"

 Programa musical elaborado polos alumnos de 4º ESO Fernando López Arias e Anxo Vázquez Seoane.


Distribuir contido


by Dr. Radut