Skip to Content
 

Normalización lingüística

Hai debate! (2ª edición)

 Concurso de debate organizado polo departamento de filosofía do IES Monelos  coa colaboración do EDLG do Centro.

Radio Monelos: "Elas foron" (1º capítulo)

 Programa de Historia Contemporánea elaborado polo alumnado de 1º de bacharelato sobre mulleres na historia. 1º capítulo.


II Encontro lingüístico entre o IES "Poeta Díaz Castro" de Guitiriz e o IES Monelos de A Coruña

 II Encontro lingüístico entre o IES "Poeta Díaz Castro" de Guitiriz e o IES Monelos de A Coruña no curso 2021-2022. Organizado polos EDLG dos respectivos centros. 10/5/2022. 

  

Xosé María Díaz Castro, nado no lugar do Vilariño (Os Vilares) concello de Guitiriz en 1914 e finado en Lugo en 1990, foi un poeta e tradutor galego. 

Tivo un gran sensibilidade poética e dende a súa adolescencia publicou innumerables versos con todo, Díaz Castro está considerado autor dunha soa obra, o poemario Nimbos  editado en 1961 que tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e polos problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo. Díaz Castro adoita ser encadrado dentro da Xeración do 36 a carón de poetas coma Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño. Na obra, que inclúe revisados os poemas que escolmara Fernández del Riego, móstrase unha reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e da comuñón coa natureza. Nun dos seus poemas máis coñecidos, Penélope, reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, mais sen refugar á esperanza para a súa terra.

A voz poética de Díaz Castro apóiase nunha linguaxe rica e exacta, da que xorde a xusteza da imaxe e o fondo poder evocador que se desprende dos seus versos. Os temas, que aparecen sempre envoltos na roupaxe elegante dun clasicismo exemplar, son os da grande poesía universal: a dor do ser humano, o amor, a paisaxe, os sentimentos relixiosos, a liberdade... Carvalho Calero dixo que Nimbos veu restaurar na literatura galega a poesía total.

A Real Academia Galega decidiu dedicarlle, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas do ano 2014. O instituto de Guitiriz, por outro lado, leva o seu nome.

Os temas musicais que acompañan os vídeos están inspirados na figura do poeta e do seu poema máis famoso que, como indicamos anteriormente, é Penélope. O traballo foi realizado polo alumnado e profesorado do IES "Poeta Díaz Castro" de Guitiriz no curso 2013-2014 (ano do centenario e día das letras dedicado ao poeta) "Esa lus" e "Penélope" este último tema musicado pola profesora Sandra Tenreiro Doldán.

Predición meteorolóxica na Coruña do 10 ao 17 de maio

O IES Monelos no Día da Ciencia na Rúa (7/5/2022)

 Despois de dous aos sen celebración do Día da Ciencia na Rúa presencial como consecuencia da pandemia volveuse de novo ao parque de Santa Margarida.

O IES Monelos estivo presente con propostas e experimentos elaboradas polos departamentos de Física e Química e o de Tecnoloxía.

Radio Monelos estivo presente con dúas grandes reporteiras: Celtia Suárez e África Trillo de 4º ESO B que fixeron un seguimento en directo deste fermoso día da ciencia.

Entrega dos premios do XVII concurso de fotografía "Xurxo Lobato"

 O 4 de maio ás 19 horas fixéronse entrega no IES Monelos dos premios do XVII concurso de fotografía "Xurxo Lobato". As alumnas de 4º ESO B Soraya Martínez, Celtia Suárez e África Trillo realizaron esta entrevista ao fotógrafo Xurxo Lobato, ao concelleiro de Educación , Memoria histórica, Innovación, Industria e Emprego  do concello da Coruña Jesús Celemín e a Tino Fraga, exdirector do centro e promotor no seu inicio deste concurso. Tamén realizouse unha entrevista aos gañadores do concurso: Dan Grigore (1º premio), María Esther López (2º premio) e Silvia Ouro (3º premio).

 

Radio Monelos: "Heredeiros da Crus"

Programa musical sobre o grupo "Heredeiros da Crus". Elaborado polas alumnas de 4º ESO B Soraya Martínez, África Trillo na locución e Celtia Suárez no control de son.

Predición meteorolóxica na Coruña (do 3 ao 10 de maio)

 Elaborada pola Meteoescola do IES Monelos

Radio Monelos: programa sobre OAR Coruña de Balonmán

Entrevista de André Cuñarro (4º ESO A) a Adrián Pérez (3º ESO A) membros do OAR Coruña de balonmán. Realizada o 26/04/2022.
 


 

 


 


Radio Monelos: Uxía Senlle

 Programa musical elaborado polas alumnas de 2º ESO B Lucía Barbé e Iria Tenreiro (locución) e Inés Rodríguez (son).

Distribuir contido


by Dr. Radut