PREMIADOS NO CONCURSO DE CARTACES DO 25N
O 1 de decembro achegáronse ao centro a concelleira de igualdade, educación e xuventude e a directora do CIM do concello para facer entrega dos agasallos aos finalistas do concurso de cartaces do 25 N: Estrella del Carmen Pardo Baamonde e David Otero Souto de 2º de ESO. Tamén se entregaron libros e xogos para a biblioteca do centro.
CONCERTO DIDÁCTICO: N+1 e GRUPO ALICERCE
O pasado xoves 24 de novembro o alumnado de 2º ESO asistiu ao concerto ofrecido polo cuarteto de corda Alicerce coa actuación conxunta do clown galego N+1.
Conducido pola acción que desenvolve o humorista por medio da mímica, o alumnado puido realizar un percorrido a través dos cuartetos de corda de W. A. Mozart, 45 minutos de música de primeira calidade sen interrupción. Tan só música, expresión corporal e iluminación para un espectáculo no que o humor aporta frescura e expresividade.
Sen lugar a dúbidas unha magnífica oportunidade para achegar a música clásica aos oídos de tod@s @s asistentes.
Os nosos agradecementos á Concellería de Cultura do Concello das Pontes pola organización do evento.
ACTOS CONMEMORATIVOS 25N
Un ano mais o IES Moncho Valcarce solidarízase coas vítimas da violencia de xénero. Ao longo do día realizáronse diversas actividades para mostrar a repulsa de toda a comunidade educativa contra dita lacra social. Seguiremos aportando o noso grao de area para combater calquera tipo de violencia.
25N. BIBLIOTECA 2022-23
Desde a biblioteca escolar do IES Moncho Valcarce queremos conmemorar a celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller invitándovos a visionar a exposición “Trazando a Igualdade” que recolle os traballos ilustrativos diseñados polo noso alumnado de educación secundaria. Os debuxos e viñetas pretenden sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a violencia machista e apelar ó rechazo de calquer tipo de violencia contra as mulleres.
EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR"
Cartas de Amor é unha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con 15 debuxos de artistas de fama.
A exposición quere sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia na forma que temos de relacionarnos entre parellas, axudar a detectala e polo tanto a eliminala. Pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, se ve asociada a ela.
PLAN DIRECTOR 2022-2023
Un ano máis, o corpo da Garda civil está a impartir as charlas do Plan director de convivencia. Este ano as conferencias tratan temas de actualidade como o acoso escolar, a violencia de xénero, as drogas e o alcol. Ditas conferencias, levaranse a cabo durante o mes de novembro e decembro e están dirixidas a toda a comunidade educativa.
CONTACONTOS EN FRANCÉS
Samuel, contacontos de orixe camerunés presenta unha actividade dirixida ao alumnado de francés de 1º e 2º de ESO.
Trátase de tres relatos curtos nos que o contacontos fai intervir a varios alumnos e amósalles dun xeito sinxelo unha aprendizaxe ou consello en cada conto. A actividade desenvólvese cun certo aspecto lúdico que fai que resulte moi divertida para o alumno.
Entendemos que se trata dunha actividade moi positiva para os estudantes da primeira etapa de ensino secundario xa que fomenta a participación en público do alumnado e pretende despertar o interese pola lingua francesa dende unha perspectiva lúdica e de inmersión na práctica da comprensión e expresión oral.
ENQUISAS SEGURIDADE INFORMÁTICA 23-24
O alumnado de TIC II está a facer unha enquisa ao alumnado do centro sobre o tema da Seguridade Informática. Pincha nos seguintes enlaces según corresponda:
Gracias pola vosa colaboración.
A continuación tedes unha guia de "LO QUE NECESITAS SABER EN INTERNET"
CONCURSO DE MICRO-RELATOS DE SAMAÍN
Con motivo da celebración do Samaín, o venres 28 de outubro, o club de lectura “As verbas da ciencia” propón a seguinte actividade: “Concurso de contos de terror”.
Durante a xornada sinalada, os alumnos e alumnas que xeralmente visitan a biblioteca tiveron a oportunidade de escribir un relato de terror en dúas frases. Para isto, contaron con un repertorio de textos que puideron usar como modelo. A actividade prolongouse toda a semana seguinte, coa intención de permitir aos alumnos e alumnas entregar novos textos para concursar. Entre os participantes, escollerase un gañador ou gañadora, que recibirá como premio un libro de terror acorde coa súa idade.
O obxectivo desta actividade é permitir ao alumnado un contacto directo coa literatura de terror, a través da propia escritura deste tipo de textos e fomentar a concisión grazas á elaboración de textos completos nun para de liñas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »