CHARLA "O ACCESO Á UNIVERSIDADE"
A charla foi impartida por Francisco Javier López González,profesor e asesor da universidade de Lugo.E como o seu nome indica, pretende facer de ponte entre o estudantado de Ensino Medio e a USC. O fío condutor é a difusión do que é a Universidade de Santiago de Compostela: as súas titulacións, a investigación, os servizos académicos, pero tamén o que é a contorna en que se desenvolve a actividade universitaria.
TEATRO CLÁSICO EN LUGO
O martes 8 de marzo o alumnado de Latín de 4ºB e de 1º e 2º Bac de Humanidades fixo una visita a Lugo, cidade de orixe romana. Percorrimos a muralla desde onde contemplamos o magnífico mural de Xulio César, recoñecido como o mellor grafiti do mundo de 2021 pola web especializada en arte urbana Street Art Cities. Despois, na Praza Maior, limos un Manifesto co gallo do Día Internacional da Muller, e finalmente asistimos a representación no Auditorio Gustavo Freire da traxedia de Eurípides, "Bacantes", realizada por la compañía de teatro Noite Bohemia.
¡Evohé! (grito das Bacantes para convocar ao deus Baco)
ENTREGA DE PREMIOS DO ENTROIDO CIENTÍFICO
O venres, 11 de marzo, tivo lugar a entrega de premios aos participantes no "Entroido científico". Parabéns a todas/os os participantes e gañadores!!!
EXPOSICIÓN REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO
Por iniciativa do Concello de As Pontes, a Biblioteca Municipal “Enrique Rivera Rouco e o centro de Información á Muller do noso concello poñemos a vosa disposición unha exposición que recolle referencias bibliográficas de promoción, sensibilización e fomento da igualdade de xénero. A meirande parte dos libros referenciados pódense consultar nas dependencias da nosa biblioteca escolar.
Consulta o seguinte enlace: Biblioteca
CONMEMORACIÓN DO 8M
Un ano mais, o IES Moncho Valcarce conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da muller. Fomentar a igualdade, o respecto e rexeitar calquera tipo de discriminación son as bases sobre as que se asenta o sistema educativo e o futuro das novas xeracións.
REPRESENTACIÓN TEATRAL NO ALOVI
O alumando de 2º da ESO asistiu o venres 4 de marzo, no cine Alovi, á representación da obra “As que limpan” representada polo grupo A Panadaría. Nesta obra ponse de manifesto a delicada situación laboral na que se atopan as mulleres que traballan neste sector.
VIOLENCIA DE XÉNERO NO MUNDO DIXITAL
Esta charla foi impartida pola asociación “pantallas amigas” a través da Secretaría Xeral de Igualdade. Presentouse ao alumnado de 2º de ESO unha descripción das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión. As rapazas e rapaces debatiron sobre o uso que fan das redes sociais e os seus perigos.
Os adolescentes empregan as redes sociais pero non son conscientes dos perigos que implican. É necesario que desde o centro educativo se lles axude a valorar os aspectos negativos do uso indiscriminado das novas tecnoloxías.
ENTROIDO CIENTÍFICO
"Alumnado de 1º e 2º da ESO, interesad@s na partipación da actividade do Entroido científico do IES Moncho Valcarce e organizada polo Club de ciencias , estiveron a semana previa ao entroido preparando os seus disfraces e facendo sesións de fotos para que toda a comunidade poida coñecer ou recordar algunhas das científicas e científicos relevantes"
A actividade resultou enriquecedora dende un punto de vista didáctico xa que se traballaron todas as competencias básicas co alumnado participante . Tamén contén moitos elementos transversais como a igualdade , a valoración da cultura e a ciencia, emprendimento persoal etc...
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe, 23 de febreiro, Rosalía de Castro está de aniversario. O alumnado de 1º e 2º de ESO fixo unha interpretación ilustrada dos poemas máis representativos da autora.
OBRADOIRO "22 SEGUNDOS"
A autora Eva Mejuto achegouse ao noso centro para falar e debater sobre 22 segundos, a novela que leron as alumnas e alumnos de 2º de ESO este trimestre e que aborda o tema da transexualidade a través dos ollos do seu protagonista, Álex.
O alumnado de 2ºESO descubriu da man da autora as cuestións máis relevantes desta novela xuvenil e os seus sentimentos á hora de escribila. Tamén precisan descubrir novas realidades que lles permitan relacionarse de xeito pacífico cos iguais. Pretendemos que acaden as competencias que garantan un clima social afectivo e baseado na aceptación mutua e no respecto polas diferenzas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »