DÍA DO LIBRO

 

Exposición de "Frases célebres" ,na biblioteca  do 25 ao 29 de abril, para conmemorar o día do libro.

 

CHARLA CIBERDELITOS

 

Esta  charla foi impartida pola avogada e consultora  Mª Jesús Boo Montes . Baixo o lema “STOP” achega ao noso alumnado ás consecuencias legais derivadas dos delitos contra a liberdade sexual e dos ciberdelitos de natureza sexual.  Como detectalos e como evitalos.

Os adolescentes empregan as redes sociais pero non son coñecedores da súa repercusión legal e das sancións que poden conlevar.  Descubrir posibles delitos que podemos realizar é unha forma de previlos.

 

31 M. DÍA INTERNACIONAL DA VISIBILIDADE TRANS

 

31- M. Día internacional da visibilidade trans. Desde o ano 2009, o 31 de marzo celébrase o Día Internacional da Visibilidade Trans, dedicado á sensibilización en contra da discriminación cara ás persoas trans en todo o mundo.

 Aínda que a sociedade está cada vez máis sensibilizada, grazas ao traballo no eido educativo o papel que xogan as familias neste labor de visibilizar e sensibilizar é importante, ao crear unha sociedade segura para as nosas crianzas, traballando desde as súas contornas máis próximas e loitando pola igualdade de oportunidades.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS DA UDC. 30 E 31 DE MARZO.

BENVIDA E BENVIDO Á UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

Durante os días 30 e 31 de marzo de 16:00 a 20:00h poderás achegarte ás xornadas virtuais con videoconferencias e chats en directo. Non deixes pasar esta oportunidade de achegarte ao teu futuro universitario. Coñece os graos para o curso 2022-23.

Prema no enlace 

 

"ORIENTATE" POR QUE TELECO?

 

O pasado luns 21 de marzo veu darnos unha charla Shaila Calvo Almeida, antiga alumna do centro,  graduada en telecomunicacións, e que actualmente esta finalizar o máster que lle acredita como enxeñeira superior. O obxectivo da charla era dar a coñecer o alumando de bacharelato as materias impartidas no grado de telecomunicacións, a súa estrutura eminentemente practica e as súas posibilidades de especialización. Ademais falou dos distintos másters os que se pode optar unha vez finalizado  o grao e as múltiples saídas profesionais relacionadas con estes estudos. Finalmente desmitificou a dificultade que tradicionalmente se lle atribuía a esta enxeñería, expoñendo as distintas asociacións que existen  de axuda ao estudante, ligadas a universidade.

 

CHARLA "O ACCESO Á UNIVERSIDADE"

A charla foi impartida por Francisco Javier López González,profesor e asesor da universidade de Lugo.E como o seu nome indica, pretende  facer de ponte entre o estudantado de Ensino Medio e a USC. O fío condutor é a difusión do que é a Universidade de Santiago de Compostela: as súas titulacións, a investigación, os servizos académicos, pero tamén o que é a contorna en que se desenvolve a actividade universitaria.

 

TEATRO CLÁSICO EN LUGO

 

O martes 8 de marzo o alumnado de Latín de 4ºB e de 1º e 2º Bac de Humanidades fixo una visita a Lugo, cidade de orixe romana. Percorrimos a muralla desde onde contemplamos o magnífico mural de Xulio César, recoñecido como o mellor grafiti do mundo de 2021 pola web especializada en arte urbana Street Art Cities. Despois, na Praza Maior, limos un Manifesto co gallo do Día Internacional da Muller, e finalmente asistimos a representación no Auditorio Gustavo Freire da traxedia de Eurípides, "Bacantes", realizada por la compañía de teatro Noite Bohemia.
¡Evohé! (grito das Bacantes para convocar ao deus Baco) 

ENTREGA DE PREMIOS DO ENTROIDO CIENTÍFICO

 

O venres, 11 de marzo,  tivo lugar a entrega de premios aos participantes no "Entroido científico". Parabéns a todas/os os participantes e gañadores!!!

EXPOSICIÓN REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Por iniciativa do Concello de As Pontes, a Biblioteca Municipal “Enrique Rivera Rouco e o centro de Información á Muller do noso concello poñemos a vosa disposición unha exposición que recolle referencias bibliográficas de promoción, sensibilización e fomento da igualdade de xénero. A meirande parte dos libros referenciados pódense consultar nas dependencias da nosa biblioteca escolar.

Consulta o seguinte enlace: Biblioteca

 

CONMEMORACIÓN DO 8M

 

Un ano mais, o IES Moncho Valcarce conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da muller. Fomentar a igualdade, o respecto e rexeitar calquera tipo de discriminación son as bases sobre as que se asenta o sistema educativo e o futuro das novas xeracións.

 

Distribuir contido