Xa está aberto o fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Máis información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
Agradecementos especiais a: persoal docente e non docente, Alumnado, Grupos de teatro, música tradicional e regueifa do Centro, Concello de Zas, Protección Civil, ANPA, Asociación Cultural Adro, Grupo de Teatro Badius, CPI As Revoltas, CEIP Labarta Pose, Imprenta San Cristóbal. Graciñas un ano máis por participar. Mención especial ás persoas que se achegan ao noso centro para mostrar a súa arte e diversidade.
Centro convidado: CPI As Revoltas
A comisión de Cultura!!!
Máis dun milleiro de escolares de toda Galicia asistiron o pasado 2 de maio ó Auditorio de Santiago á Regueifesta, nun encontro arredor da improvisación oral en verso. Alba María, Josinho da Teixeira, Séchu Sende e Manolo Maseda participaron no evento, ao que foi convidado alumnado de Euskadi e de Cataluña. Ademais, no marco da Regueifesta, entregáronse os premios da II edición do certame Enreguéifate.
Lucía e Guillermo (2º ESO), os dous participantes do noso IES na Olimpiada Matemática, celebrada o pasado 26 de abril na Coruña.
Carmen Cernadas, grava na aula de Imaxe e Son, esta sección na que se fai un percorrido por persoeiros relevantes do noso país usando como ferramenta didáctica o vídeo.
O Departamento de Informática do IES Maximino Romero de Lema pertence ao programa Imagine Premium de Microsoft, co cal o alumnado pode dispór na súa casa do software que se utiliza nas aulas para a realización das prácticas nos Ciclos Formativos de Grao Básico e Grao Medio da familia de Informática e Comunicacións.
Trátase dos distintos sistemas operativos de Microsoft Windows 8.1, 10, Windows Server 2012, Windows Server 2016, ...), servidores (ISA Server, Exchange, ...), contornas de desenvolvemento (Visual Studio, ....), documentación (MSDN, technet, ...), etc, tanto en versións de 32 coma de 64 bits.
Este software é accesible só para o alumnado matriculado, puidendo descargalo desde esta páxina web
Máis información na web https://imagine.microsoft.com/es-ES
Velaquí o blogue do proxecto “Feminino Plural”, froito do traballo dun grupo de docentes xunto co alunado do IES Maximino Romero de Lema.
Marcámonos como obxectivo a creación dun proceso innovador de participación da Comunidade escolar que fomente a coeducación no coñecemento, valoración e práctica do feminismo como impulso de transformación social.
https://donasdesi-baio.blogspot.com.es/
As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 ao 30 de abril de 2018 ata as 13:00h.