Skip to Content

CURSO 2022-2023

SAÍDA POLA CONTORNA NATURAL DO CENTRO

O pasado venres 26 de maio o alumnado da materia de bioloxía de 4º ESO participou nunha saída pola contorna natural do centro educativo. Ao longo do roteiro realizáronse tres paradas. A primeira na praia de O Portelo, a segunda na praia do Torno e finalmente na ponte medieval do río Cobo. 

Ademais de percorrer a contorna natural o alumnado levou a cabo varias tarefas.

Por unha banda, realizouse un estudo das especies vexetais que nos fomos atopando nunha parte da andaina. As especies atopadas  foron rexistradas nun mapa no que se amosa o percorrido seguido e que podedes consultar na seguinte ligazón.

 

https://www.google.com/maps/d/u/0/edit?mid=1_6VBDEeNzxLYQa5NJG4XyluSMYieYJM&usp=sharing

 

Por outra banda, o alumnado tomou mostras de auga nas tres paradas realizadas para estudar no laboratorio a biodiversidade de microorganismos.

         

Proximamente subiremos máis fotografías das especies atopadas.

 

A pesar de que a marea estaba algo alta tamén puidemos estudar a biodiversidade mariña existente nas charcas da praia do Torno.

 

             

Por último, recollimos todo o lixo (fundamentalmente plásticos) que atopamos na praia do Torno e depositámolo nos contenedores correspondentes contribuíndo á mellora da nosa contorna natural.

              

 

 

 

 

 

Exposición Letras Galegas 2023

O alumnado participou da creación dun mural para conmemorar o día das Letras Galegas, adicado este ano a Francisco Fernández del Riego, nado na nosa comarca (Lourenzá) e sendo un dos grandes impulsores da lingua galega durante o século XX.

Visita a Santiago do alumnado de 3º ESO

O pasado martes, o alumnado de 3º de ESO acudiu a Santiago de Compostela para visitar tanto o Museo do Pobo Galego, como A Cidade da Cultura e a Biblioteca Couceiro. Asi, no primeiro gozaron de paneis sobre o mar, o campo, os oficios, os lugares e obxectos cotidians da sociedade galega.

 

Acto de graduación de Bacharelato

Este luns celebramos o acto de graduación do noso alumnado de Bacharelato, na que se proxectou un vídeo cos recordos dos últimos anos, a entrega de orlas por parte da titora e un regalo especial do instituto a cada un, consistente nun USB coas imaxes de cada un deles no seu paso polo centro, unha mochila, un caderno, un bolígrafo e unha rosa. A continuación gozaron dunha estupenda cena.

Toda a sorte no futuro, que estará de seguro cheo de éxitos académicos, laborais e persoais.

Talento mozo

A Xunta achega ao noso centro os obradoiros talento mozo con casos de éxito da xuventude galega. Dirixido por Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, tratou de dar visibilidade ao gran potencial, creatividade e capacidade de innovación que ten a xuventude galega.

Distribuir contido


by Dr. Radut