Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
– O primeiro prazo, do 11/07/2024 ao 09/09/2024, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2023-marzo 2024 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2024.
Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual(2023-2024).
O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2024 e que anticipe a súa realización, non se acollerá a este primeiro prazo.
– O segundo prazo, comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2024, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2024. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2024.
Solicitudes .
1. As solicitudes, xunto co resto dos anexos requiridos, serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a FCT ou a FP dual. Toda a documentación xerarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.gal/fct. Os anexos asociados a este procedemento tamén estarán dispoñibles na Guía de procedementos e servizos da sede electrónica.
2. As solicitudes xunto co resto dos anexos presentaranse no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a FCT ou a FP dual.
Toda a información no ficheiro adxunto.