Skip to Content

Universidade e ABAU

ESTUDAR NA UNIVERSIDADE

 Existen múltiples vías de acceso aos estudos de Grao Universitario, entre elas:

  • Ter o título de Bacharelato e superar a ABAU.
  • Ter un título de Técnico Superior (con posibilidade de realizar a parte voluntaria da ABAU para mellorar a  nota de admisión).
  • Superar unha proba para maiores de 25 OU 45 anos.

As persoas co título de Bacharelato deberán superar obrigatoriamenta a  ABAU, unha proba que se organiza segundo o establecido na seguinte RESOLUCIÓN.  No seguinte enlace ten un breve resumo do seu fincionamento.

                               

 

Pincha na seguinte imaxe para acceder á web da CIUG (organismo que organiza as ABAU en Galicia), onde poderás atopar a información máis relevante sobre estas probas:

 ciugg

 CALENDARIO ABAU 2024     HORARIO ABAU 2024   CONVOCATORIA  2024

 De cara á elección das materias das que vos examinaredes na parte Voluntaria , é conveniente coñecer a TABOA DE PONDERACIÓNS, onde se recolle a puntuación máxima que é posible sumar á nota de admisión obtida na parte obrigatoria da proba en función do grao universitario ao que se desexe acceder. Lembrade que podedes examinarvos dun máximo de 4 materias na fase voluntaria, e que a materia propia da modalidade da que xa facedes exame na parte obrigatoria tamén vos pode computar nesta parte voluntaria.

Outro dato de interese son as NOTAS DE CORTE de cada Grao Universitario, que representan a nota de admisión da última persoa que accedeu a cada un dos grados no curso anterior. Pode ser unha cifra orientativa á hora de facer a vosa solicitude de admisión, pois o número de graos que se poden solicitar son limitados. Con todo, cómpre saber que as notas de corte varian dun ano a outro en función das prazas ofertadas, da nota de admisión do resto de alumnado e do número de persoas que desexan acceder ao grao.

 

Unha vez superadas as probas, a solicitude de admisión nas ensinanzas universitarias en Galicia debe formularse mediante a aplicación NERTA. Tamén será a aplicación na que podedes solicitar a REVISIÓN da vosa cualificación na ABAU unha vez se publiquen as cualificacións provisionais (3 días de prazo).

Esta aplicación tamén se utiliza para a xestión da matrícula e do proceso da ABAU. Pinchar AQUI para consultar o calendario orientativo de  preinscripción e matrícula na iniversidade.

Para coñecer a oferta de títulos univeristarios en Galicia, podes acceder á web das universidades galegas, que contan con sedes en distintas cidades da Comunidade. Destacar que para o  acceso a determinadas titulacións universitarias é preciso realizar alguha proba específica (a maiores da ABAU) imposta pola universidade en cuestión, como é o caso das titulacións de Ciencias da Actividade Física e o Deporte que imparten a UDC e a UVIGO. 

Tamén che pode axudar a Guía de Uniscopio sobre o acceso ás ensinanzas Universitarias: PREME AQUÍ

Simbolo_logo_cor    Universidad de Santiago de Compostela (USC-CIMUS) | ES ...Universidade de Vigo (UVigo) | OCUD

No caso de estudar nalguha destas universidades, existen múltiples residencias públicas e privadas nas distintas cidades. Na web de cada universidade dispoñedes de información sobre elas; deixovos a continuación enlaces ao portal das residencias de cada universidade:

Residencias UDC                                  Residencias USC                     Residencias UVIGO

 

 Si desexas estudar noutra Comunidade Autónoma, é preciso que te informes do procedemento de acceso  que a administración teña establecido para ese lugar. A calificación obtida na ABAU será válida para o acceso á universidade en  todo o territorio nacional, pero o procedemento de acceso organiazo cada universidade/Comunidade de maneira independente. Acude ao Departamento de Orientación para máis información.

 

No caso de non ter claro o teu futuro, se queres coñecer as múltiples opcións para cursar estudos de FP ou Universitarios tes dispoñible no seguinte enlace a guía sobre estudos superiores elaborada pola Voz de Galicia:

la voz de galcia

 

 

 

GUIA SUG 2022/2023

Achégase a guia do Sistema Universitario de Galicia para este curso 2022/2023.

Nela atoparedes información sobre a oferta académica de Grao e todo o relacionado co proceso de admisión na universidade.

 

INFORMACIÓN ABAU 2023

 

Logo CiUG

 

A CIUG ven de publicar unha serie de instrucións en relación ao desenvolvemento da ABAU neste curso 2023. Podedes consultar toda a información pinchando na imaxe.

Achégovos como arquivo adxunto un resumo cos aspectos máis relevantes que cómpre coñecer e comparto a continuación  un par de vídeos explicativos sobre  a ABAU e o proceso de acceso á universidade (neste caso é da USC).

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut