O pasado venres 26 de maio o alumnado da materia de bioloxía de 4º ESO participou nunha saída pola contorna natural do centro educativo. Ao longo do roteiro realizáronse tres paradas. A primeira na praia de O Portelo, a segunda na praia do Torno e finalmente na ponte medieval do río Cobo.
Ademais de percorrer a contorna natural o alumnado levou a cabo varias tarefas.
Por unha banda, realizouse un estudo das especies vexetais que nos fomos atopando nunha parte da andaina. As especies atopadas foron rexistradas nun mapa no que se amosa o percorrido seguido e que podedes consultar na seguinte ligazón.
https://www.google.com/maps/d/u/0/edit?mid=1_6VBDEeNzxLYQa5NJG4XyluSMYieYJM&usp=sharing
Por outra banda, o alumnado tomou mostras de auga nas tres paradas realizadas para estudar no laboratorio a biodiversidade de microorganismos.
Proximamente subiremos máis fotografías das especies atopadas.
A pesar de que a marea estaba algo alta tamén puidemos estudar a biodiversidade mariña existente nas charcas da praia do Torno.
Por último, recollimos todo o lixo (fundamentalmente plásticos) que atopamos na praia do Torno e depositámolo nos contenedores correspondentes contribuíndo á mellora da nosa contorna natural.