Skip to Content

CURSO 2022-2023

Visita á Aula Newton

O alumnado de 2º de ESO acudiu este xoves 4 de maio ó Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), ubicado no polígono de San Cibrao das Viñas, para gozar da segunda edición da Aula Newton, e que serve para que o alumnado galego poida iniciarse no mundo da aviación, cun simulador de vo.

O obxectivo deste proxecto impulsado pola multinacional Boeing entre outros, non é outro que fomentar as vocacións vinculadas ás ciencias, á tecnoloxía, á enxeñaría e á matemáticas, empregando un enfoque práctico e innovador que anime ó alumnado a optar no futuro por carreiras científicas e tecnolóxicas.

Recopilatorio musical

Dende esta semana e durante un tempo temos a sorte de contar coa achega de Cris Andina, experta en fotografía. Na galería do primeiro andar expón a súa magnífica exposición fotográfica Recopilatorio musical.

Aproveitou a súa presenza para, durante unha charla, facer repaso das mulleres fotógrafas máis recoñecidas do momento e do propio traballo desta afamada profesional.

Visita do alumnado de Bacharelato ó CITIC

O noso alumnado de Bacharelato viaxou á Coruña para visitar o CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións), creado no 2008 para potenciar o avance e a excelencia en I+D+I aplicada ás TIC e impulsado pola UDC (Universidade da Coruña).

Ademáis, tamén visitaron a sala de Escape Room Escapology, co fin de mellorar as destrezas colaborativas e o traballo en equipo.

Encontro literario Antia Yañez

Este mércores 21 o alumnado de primeiro de ESO e primeiro de Bacharelato tiveron un encontro coa veciña escritora burelá Antía Yáñez. É poseedora de premios en certames de relato curto, xénero no que comezou. Tamén combina a escritura coa dirección dunha academia en Cecebre, e importe talleres de escritura para a rapazada.

O último libro para xoves lectores, Plan de rescate, mereucelle o premio III Premio Agustín Fernández Paz pola igualdade (2019). Asemade escribe para adultos e a súa loita feminista levouna a reinvindicar a liberdade da muller na súa primeira novela, Senlleiras, da que afondou nesta actividade do instituto.

Distribuir contido


by Dr. Radut