Skip to Content

Informática

Departamento de Informática

Membros do departamento no curso 2022/2023

 Durante o curso 2022/2023 formarán parte do departamento:

  • Ceñal Gutiérrez, Rubén
  • Fernández Pacios, Antonio

 

 Programacións do curso 2022/2023

 

FP Básica Informática de Oficina

1º curso
Ofimática e Arquivamento de Documentos
Montaxe e Mantemento de Sistemas e Compoñentes Informáticos
2º curso
Instalación e Mantemento de Redes para Transmisión de Datos
Operacións Auxiliares para a Configuración e a Explotación

Alumnado en prácticas FCT 2022/2023

Un curso máis o noso alumnado de Formación Profesional Básica en Informática de Oficina comeza o seu periodo de formación en centros de traballo (FCT).

Este ano queremos agradecer ó Hospital Público da Mariña e a Academia A Mariña, en Burela, así como a Moviltom S.C., en Viveiro, como empresas e organismos que aceptaron a proposta do instituto para esta labor altruista de formación e que supón para as rapazas e rapaces de formación profesional básica unha primeira aproximación ó entorno laboral.

 

Visita ó FP Innova

Diversos grupos do instituto fixeron unha visita ó FPInnova, celebrado en Santiago de Compostela, congreso de Innovación na Formación Profesional. Trátase da quinta edición do evento, constituído como un referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está inmersa a Formación Profesional de Galicia.

Saída ós fornos da Pontenova

O alumnado da Formación Profesional Básica de Informática de Oficina acudirá o vindeiro 17 de outubro ó complexo histórico e recreativo das Minas, na Pontenova. A visita servirá ó alumnado para comprender a influencia dos principais acontementos históricos na evolución industrial, ambiental e cultural da vila, incluindo a visita ó interior da mina Consuelo.

Ademáis, servirá para que gocen da tirolina, que recrea o antigo funicular aéreo, que transportaba mineral de ferro ó Forno do Boulloso a principios do século XX.

Rematarase a saída cunha andaina pola antiga vía do ferrocarril, ata San Tirso de Abres.

A Pontenova se prepara para inaugurar sus más de 300 metros de tirolina, la  más grande de Galicia, a 70 metros de altura

Distribuir contido


by Dr. Radut