Un curso máis o noso alumnado de Formación Profesional Básica en Informática de Oficina comeza o seu periodo de formación en centros de traballo (FCT).
Este ano queremos agradecer ó Hospital Público da Mariña e a Academia A Mariña, en Burela, así como a Moviltom S.C., en Viveiro, como empresas e organismos que aceptaron a proposta do instituto para esta labor altruista de formación e que supón para as rapazas e rapaces de formación profesional básica unha primeira aproximación ó entorno laboral.