Taboleiro

A ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA INICIA AS SÚAS ACTIVIDADES

O IES Pl. Antón Losada Diéguez pon en marcha a Escola de familias. Este luns terá lugar a primeira actividade.

A iniciativa pretende crear un espazo e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento do noso alumno (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible. A primeira actividade será:

Como acompañar a saúde emocional da comunidade educativa?
Manuel Armas Castro – Psicólogo, Doutor en Ciencias da Educación, Coordinador do EOE (A Coruña) e especialista en trastornos de conduta.
Data: 27 de febreiro de 2023
Hora: 19.30
Lugar: Biblioteca do IES P. Antón Losada Diéguez

A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada, así como as familias do alumnado de 6º curso do CEIP Figueiroa, centro adscrito ao Losada. O convite faise estensivo ao profesorado tamén.
Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.

Manuel Armas Castro: é psicólogo e Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é coordinador do Equipo de Orientación Específico (EOE) de A Coruña, un servizo con carácter provincial en Galicia que asesora e colabora cos Departamentos de Orientación no desenvolvemento das súas funcións. Asemade, é especialista na organización e desenvolvemento da atención educativa do alumnado que presenta trastornos graves de conduta. É un referente no campo da orientación educativa cunha ampla traxectoria profesional, investigadora e divulgativa en temas tan relevantes como a inclusión educativa, a convivencia, o benestar emocional e o enfoque sociocomunitario para a atención educativa do alumnado.

AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2023

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (ANO 2023) PARA ALUMNADO DE BACHARELATO 


A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades convoca un total de 152 axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. O prazo remata o 14 de marzo. 
Pódese ampliar información aquí e tamén contactar co departamento de orientación do noso centro.

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO E DO BACHARELATO

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO 
O alumnado maior de 18 anos poderá presentarse a unha proba libre para a obtención do título da ESO no mes de maio e setembro. 
Os prazos de matrícula son: 

  • Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.

Pódese ampliar información aquí e tamén contactar co departamento de orientación do noso centro. 
 
PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO 
O alumnado maior de 20 anos poderá presentarse a unha proba libre para a obtención do título de Bacharelato. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2022. 
Pódese ampliar información aquí e tamén contactar co departamento de orientación do noso centro.

UXÍA RODRIGUEZ NEBRA FALA DA SÚA EXPERIENCIA COMO MECÁNICA DE COMPETICIÓN

A vicedirección de actividades e a aula de emprendemento, coa colaboración do departamento de automoción, programaron dúas charlas arredor da temática:A Formación Profesional como opción de interese. Experiencia na Mecánica de competición.

A relatora foi Uxía Rodríguez Nebra, ex alumna do centro:

Na charla dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO incidiu na importancia dunha escolla acaída dos estudos a realizar ao rematar a ESO, tendo en conta a valía cada vez maior dos estudos profesionais. Tamén se dirixiu ao alumnado dos ciclos básicos e medios de automoción onde detallou a súa experiencia como mecánica de competición. Uxía Rodríguez Nebra (21 anos)Realizou os estudos de secundaria no IES Pl Antón Losada Diéguez da Estrada. Estudou 1º de Bacharelato no mesmo centro. Deixou o bacharelato para matricularse no Ciclo Medio de Elecromecánica de Vehículos Automóbiles, que superou con éxito no CIFP Politécnico de Santiago. Ao rematar, e guiada pola súa paixón polos vehículos de competición, especialmente as motos, inicia os seus estudos na Escolar Técnica Girona (ETG RACING). En concreto, no Ciclo de Mecánica de competición de motos, é un ciclo maioritariamente práctico no que se forma ao alumnado no mundo real das carreiras sobre todo de motos de velocidade.  Este segundo ano do ciclo, realizará prácticas nun equipo italiano, femenino, no campionato do mundo de moto 3,chamado Angeluss, que é un subequipo do MTA, o que a levará nos próximos meses a percorrer os circuitos de todo o mundo onde se disputeeste campionato.

A actividade foi amplamente recollida na prensa: La Voz de Galicia, Faro de Vigo.

Podes ver máis imaxes da actividade AQUí

O LOSADA DIÉGUEZ CELEBROU O ENTROIDO 2023

O alumnado de 4º ESO A organizou con éxito unha nova edición do entroido, para o cal deseñaron o seguinte programa de actividades:

Víronse moitos disfraces durante os días de celebración, especialmente o venres 17, día do concurso, con moitos grupos e creatividade. Parabéns a todos e a todas.

Aí quedan as mellores imaxes do evento (da autoría Xian e Roi)

ENTROIDO 2023 NO LOSADA

Así foi a celebración do Día da Paz no Losada

O salón de actos do Losada encheuse para escoitar aos rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO encargados de ler o Manifesto Escolas sen Racismo, da Asemblea de cooperación pola Paz. Tamén se colocou unha placa no patio do centro na que nos declaramos Escola sen racismo. Aquí poden verse as IMAXES do acto. E aí queda o vídeo: 

MÓDULO IV DA ESA

As clases do Módulo IV da Ensinanza de persoas adultas (ESA) presencial e semipresencial comdezarán o luns 4 de febreiro, cos mesmos horarios que o Módulo III

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Xa está publicada a convocatoria das PROBAS DE ACCESO CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR. Aquí queda o calendario das mesmas. Máis información AQUÍ.

INICIATIVAS AULA DE EMPRENDEMENTO

A aula de emprendemento do Losada continúa con novas iniciativas. Neste caso, unhas interesantes sesións de motivación para o alumnado de 1º FPB e un obradoiro de habilidades sociais para o emprendemento destinado ao alumnado do 2º curso dos ciclos formativos.