UXÍA RODRIGUEZ NEBRA FALA DA SÚA EXPERIENCIA COMO MECÁNICA DE COMPETICIÓN

A vicedirección de actividades e a aula de emprendemento, coa colaboración do departamento de automoción, programaron dúas charlas arredor da temática:A Formación Profesional como opción de interese. Experiencia na Mecánica de competición.

A relatora foi Uxía Rodríguez Nebra, ex alumna do centro:

Na charla dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO incidiu na importancia dunha escolla acaída dos estudos a realizar ao rematar a ESO, tendo en conta a valía cada vez maior dos estudos profesionais. Tamén se dirixiu ao alumnado dos ciclos básicos e medios de automoción onde detallou a súa experiencia como mecánica de competición. Uxía Rodríguez Nebra (21 anos)Realizou os estudos de secundaria no IES Pl Antón Losada Diéguez da Estrada. Estudou 1º de Bacharelato no mesmo centro. Deixou o bacharelato para matricularse no Ciclo Medio de Elecromecánica de Vehículos Automóbiles, que superou con éxito no CIFP Politécnico de Santiago. Ao rematar, e guiada pola súa paixón polos vehículos de competición, especialmente as motos, inicia os seus estudos na Escolar Técnica Girona (ETG RACING). En concreto, no Ciclo de Mecánica de competición de motos, é un ciclo maioritariamente práctico no que se forma ao alumnado no mundo real das carreiras sobre todo de motos de velocidade.  Este segundo ano do ciclo, realizará prácticas nun equipo italiano, femenino, no campionato do mundo de moto 3,chamado Angeluss, que é un subequipo do MTA, o que a levará nos próximos meses a percorrer os circuitos de todo o mundo onde se disputeeste campionato.

A actividade foi amplamente recollida na prensa: La Voz de Galicia, Faro de Vigo.

Podes ver máis imaxes da actividade AQUí