Taboleiro

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS TÍTULOS DE SECUNDARIA E BACHARELATO

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE 18 ANOS.

Prazo de presentación de solicitudes: do 5 ao 21 de febreiro (convocatoria de abril) e do 8 ao 19 de abril do 2024 (convocatoria de xuño)

 

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA PERSOAS MAIORES DE 20 ANOS.

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 ao 28 de febreiro

Toda a información AQUÍ

ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA. CURSO 2023-2024

d

 

O IES Pl. Antón Losada Diéguez retoma as actividades da Escola de Familias

 

Por segundo curso consecutivo, o Losada pon en marcha esta iniciativa que  naceu co obxectivo decrear un espazo  e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento o noso alumno (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible. 

Despois do encontro mantido coas familias no primeiro trimestre deste curso, do que xurdiron ideas e propostas, poñemos en marcha a programación deste ano.

A primeira actividade será:

Redes sociais e saúde mental na adolescencia.
Iria Veiga Ramos – Psiquiatra
Data: xoves 25 de xaneiro de 2024
Hora: 19.30
Lugar: Biblioteca do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada, así como as familias do alumnado de 6º curso do CEIP Figueiroa, centro adscrito ao Losada. O convite faise estensivo ao profesorado tamén.
Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.

Iria Veiga (Ferrol, 1981). Médica psiquiatra e divulgadora científica. Exerce a psiquiatría no Hospital Psiquiátrico de Conxo e colabora cunha columna de opinión na que falo sobre ciencia en Nós Diario. Participou en diversas iniciativas relacionadas coa lingua e a divulgación científica, como Escépticos no Pub, Pint of Science, Naukas Coruña, Concienciadas, LGx15, O galego a miña lingua propia e a canle de Twitch Balea Vermella, xunto a Javier Balea, na que realizamos entrevistas e conversas sobre ciencia. Tamén realiza actividades de divulgación sobre saúde mental en centros de ensino.

PODES VER AS FOTOS DA ACTIVIDADE AQUÍ

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Xa está publicada a convocatoria das PROBAS DE ACCESO CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR correspondentes á convocatoria 2024. Aquí queda o calendario das mesmas. Podes Consultar máis información AQUÍ

Podes descargar un documento con información xeral sobre a inscrición, estrutura, características, etc. AQUí

 

Descargar calendario PDF

CELÉBRASE O DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO LOSADA

NO LOSADA NON MIRAMOS PARA OUTRO LADO

Este sábado celébrase o Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres. Para este venres, día 24, o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez proxectou unha serie de actividades, que teñen como fin visibilizar esta problemática entre a comunidade educativa e tratar de incidir o máis posible na reflexión e concienciación sobre a violencia machista e as súas consecuencias.

Para isto deseñouse a seguinte programación:

1. Concentración da comunidade educativa no patio posterior do centro na que o alumnado de 1º e 2º ESO mostrará os lemas elaborados arredor do día pola eliminación da violencia contra as mulleres. Lectura de manifesto elaborado por alumnado de 1º Bac.
Horario: 12:25 horas.
2. Photocall contra a violencia e pola igualdade na entrada do edificio, nos diferentes recreos. O alumnado de 3º ESO preparou a actividade realizando unha serie de cartóns con mensaxes alusivas ao tema que toda a comunidade poderá utilizar para retratarse.
3. Intervención artística realizada polo alumnado de 1º de ESO consistente en deseños tridimensionais alusivos á mirada sobre a violencia de xénero. Na entrada do centro.
4. Distribución de marcapáxinas conmemorativos entre toda a comunidade.
5. Mesa violeta na Biblioteca do centro, con publicacións arredor da igualdade preparada polo equipo de biblioteca do Losada.
6. O alumnado e profesorado está convidado a traer posta algunha prenda de roupa de cor violeta.

O LOSADA CELEBROU O SAMAÍN 2023

Este ano a Biblioteca do Losada e o EDLG celebraron a festa dos defuntos. Foi un Samaín con moito medo. Podes consultar as actividades realizadas en:

BLOG DA BIBLIOTECA

BLOG DO EDLG

Tal como prometemos, aquí podes descargar as fotos do PHOTOCALL DO TERROR

 

Dous alumnos do Losada, medalla de prata no Campionato galego de FP

FOTO DE JAVIER LALÍN (FARO DE VIGO)

Os alumnos do CM de Carpintaría e moble do IES Pl. Antón Losada Diéguez, Daniel Míguez e Brais Fernández acadaron a medalla de prata nas modalidades nas que participaban no CAMPIONATO GALEGO DE FP #GALICIASKILLS que hoxe remataba en Silleda.
que se celebrou en Silleda esta semana. Brais, participante na especialidade de ebanistería, realizou unha mesiña, mentres que Daniel, participante na de carpintaría, presentou un marco con porta.
MOITOS PARABÉNS PARA OS DOUS!!!
E parabéns tamén para os seus titores no concurso, Alberto Acuña e Xabier Bernárdez. E por suposto para o profesorado do ciclo. 
Poden verse máis fotos: FOTOS 1 FOTOS 2

O alumnado dos ciclos de madeira e moble vai á universidade

 

O alumnado dos ciclos básicos, medios e superior de Madeira desprazouse o martes 10 de outubro ao campus de Lugo da USC para participar nunha interesante xornada formativa promovida pola Plataforama da enxeñaría da madeira estrutural (PEMADE). Foron recibidos polo seu director, Manuel Guaita. A seguir, e da man da arquitecta Belén Feijóo asistiron a unha clase sobre “Construción con madeira local”, coñeceron as instalacións de PEMADE xunto cos traballos que se desenvolven, e visitaron o edificio #ImpulsoVerde, construído con madeira local no marco do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico. Foi unha xornada ben interesante e completa para o alumnado e o profesorado. Agradecemos a dedicación, atencións e trato recibido nesta visita por parte de Manuel e Belén e demais responsables de PEMADE (Plataforma da enxeñería da madeira estrutural)

Podes ver máis imaxes AQUÍ

O Conselleiro de Educación visita as obras dos novos talleres para os ciclos de madeira.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou o sábado 7 o Instituto IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, que contará o ano que vén cun novo edificio de talleres para o alumnado dos ciclos de Madeira a través dun investimento de 3M€ por parte da Xunta de Galicia.

Na visita informouse que as novas instalacións estarían dispoñibes no mes de marzo.

A nova no PORTAL EDUCATIVO.

Tamén se pode consultar a información no Faro de Vigo e Voz de Galicia

AXUDAS A ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO(NEAE)

 
Está aberto o prazo para a solicitude de bolsas e axudas dirixidas ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) para o curso 2023/2024 ata o 20 de setembro.
Toda a información sobre a convocatoria pode consultarse AQUÍ
As familias que desexen realizar a solicitude deben poñerse en contacto co Departamento de Orientación do centro. 

HORARIO DE INICIO DO CURSO 2023-2024

Estes son os horarios de inicio do curso:

O alumnado correspondente agardará no patio dianteiro do centro, no exterior do edificio para entrar no mesmo cando sexa convocado. Será recibido polo Equipo Directivo e os titores e titoras correspondentes.

Unha vez feita a presentación, o alumnado continuará no centro no horario e aula que lle corresponda, ata o final da xornada. 

Pode descargarse o horario en PDF.