O pasado mércores puidemos asistir no noso instituto á conferencia "Empresa familiar nas aulas", organizada polo departamento de Administrativo grazas á colaboración da Asociación Galega da Empresa Familiar.
Nesta ocasión, contamos con Julio Simarro de Congalsa que nos explicou a importancia do papel das empresas familiares no desenvolvemento do noso país. Tamén nos falou dos valores das empresas familiares e dos retos que se presentan para a súa continuidade.
Grazas a Julio Simarro por achegarnos a súa experiencia e grazas tamén a tod@s @s participantes!