Skip to Content

25 N, DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER III

E non podía faltar Montse Fajardo neste día 25 para falarnos sobre violencia machista, para recordarnos que aínda estamos a tempo de entender, agora que nos estamos formando academicamente e como persoas, que a loita contra este tipo de violencia é asunto de todos e de todas. 

Ela está do único lado do que pode formar parte, do das Invisibles, do das mulleres coas que contactou para poder escribir sobre as súas terribles experiencias. 4º ESO asistiu durante hora e media, sen pestanexar, ao seu impactante relatorio. Ao noso parecer este tempo quedou curto para o que tal tiña que contarnos sobre o sufrimento e o maltrato das mulleres que o padeceron, que o padecen ou que o que é peor, que o van padecer. Recordade as súas palabras: se dubidas, se pensas que igual na túa relación existe maltrato é porque con seguridade estás a ser unha rapaza, unha muller maltratada; activa o teu semáforo vermello e pide axuda para paralo. A comunidade educativa, ao igual que o resto da sociedade, está para axudarte.

Grazas a Estela, a Anxo e a Pablo por facerlle un bonito á escritora lendo fragmentos das historias dos seu libro. Mirade o vídeo clicando na imaxe.

 

 

 

25 N, DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER III


image | by Dr. Radut