Skip to Content

ACTIVIDADE DO GRUPO LOBO

Este luns, recibimos a visita do Grupo Lobo. Trouxeron o día para nós, xa que botaron a mañá e a tarde no Leliadoura realizando dous tipos de actividades, as destinadas a 1º da ESO e as destinadas a 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

En 1º da ESO: A actividade constaba de tres partes: insistir na importancia do lobo no ecosistema galego e describir as características distintivas entre lobo e can; realización de pegadas de distintos animais en arxila a partir de moldes de resina e observación e manipulación de cranios, cornos, restos biolóxicos de varios animais (xabarín, corzo, cervo, lobo, can, gato montés, lince, ....)

En 4º da ESO e 1º de Bacharelato: A actividade neste caso constou dunha conferencia na que se expuxo a importancia do lobo para a saúde dos ecosistemas galegos coma o principal depredador de animais enfermos e vectores de enfermidades ó noso gando. Tamén expuxeron mapas de distribución, o estado actual na península Ibérica, caza e trampeo ilegal, etc. Ademais puidemos ver vídeos nos que se observaban diversos comportamentos do lobo, tanto en adultos coma camadas. Posteriormente, procedeuse á observación e manipulación de cranios, cornas, restos biolóxicos de varios animais (xabarín, corzo, cervo, lobo e can). Finalmente,  o alumnado puido facer as preguntas que consideraron e expoñer as dúbidas que xurdiron durante a charla.

 

 

 

ACTIVIDADE DO GRUPO LOBO


image | by Dr. Radut