Skip to Content

25 N, DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER II

Estou cansada -acho que não quero nada

Que não seja uma noite descansada

Sem ter medo ou chorar na almofada

Sem pensar no amor como uma espada

 

Estrofa da canción de Rodrigo Guedes de Carvalho e Aladina Duarte

 


O curso pasado impactounos a visita e a relación dos acontecementos da súa vida; falamos de Noelia Míguez (Noe Dorinda nas redes). Foi así que no mes da Non Violencia contra a Muller, decidimos que a súa volta era obrigada. Cambiamos de etapa, porque dende todas as idades se deben coñecer casos como os de Dori que, por sorte, por moita sorte, non engrosou as listas negras de mulleres asasinadas e de familias destrozadas por mor dun acto de violencia machista.

 

Deixa moi claro dende o inicio do seu relatorio que tanto rapaces como rapazas debedes ir configurando a vosa identidade en condicións de igualdade; axuda a comprender que a violencia machista non deixa de apoiarse no feito de considerar as mulleres como seres desiguais e inferiores por nacer así, coa simple condición de ser MULLER.

 

Para evitar casos como os dela é fundamental sensibilizar dende idades moi temperás aos nosos nenos e nenas; cómpre previr e intervir de forma activa para poder combater un problema social estrutural que non deixa de ser un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres.

 

Esperamos que o seu relatorio non o esquezades nunca e que sempre o teñades presente para recoñecer rapidamente un caso propio ou alleo de violencia machista para así poder evitar casos tan extremos como os de Noe.

 

 

 

 

 

25 N, DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER II


image | by Dr. Radut