Skip to Content

25 N, DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER I

No Leliadoura temos moi claro que o 25 de novembro é unha data significativa, mais tamén temos en conta que protexer os dereitos e a integridade da muller non é exclusivamente cousa dun día, senón que é un labor intenso e diario que debe cubrir os 365 días do ano. Aínda así, aproveitamos este mes para ir realizando nos distintos cursos actividades que nos axuden a reflexionar e a ter presente durante todo o ano o que si debemos facer e o que nunca debemos permitir nas nosas relacións de parellas ou nas relacións de quen nos rodea.

Comezamos pois este ronsel de traballos que facemos con toda a intención de que vaian deixando o seu rastro para os e as que veñen detrás nosa.

EDL comeza pois este Día da non Violencia Contra a Muller I con este vídeo realizado polo alumnado, o profesorado e o persoal non docente do centro. Os testemuños que ides escoitar están sacados da páxina do Ministerio de Igualdade, atrevédevos a escoitalos con calma, é cuestión de xustiza. Clicade na imaxe.

 

25 N, DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER I


image | by Dr. Radut