Skip to Content

OBRA DE TEATRO: SOÑOS

Igaxes é unha ONG que leva 20 anos a traballar polos dereitos da infancia e da xuventude en situación de vulnerabilidade en Galicia e que achegou ata o concello de Ribeira a obra e teatro "Soños". Con ela preténdese desestigmatizar a mocidade tutelada e abordar problemas habituais dentro das aulas.

Con esta temática tan interesante o IES Leliadoura non dubidou en acudir e o alumnado veu ben impresionado do que alá viu. A verdade é que toda aprendizaxe é pouca.

 

OBRA DE TEATRO: SOÑOS


image | by Dr. Radut