Skip to Content

VIAXE A FRANCIA

E aquí temos algunhas das fotos da viaxe a Francia do alumnado de 1º de Bacharelato. Foron ao Museo Guggenheim (este aínda en España), a Baiona (capital do País Vasco francés), a Biarritz (vila de referencia para o turismo francés do século XX e lugar de entrada do surf nos anos 50), ás Covas do Sare (de enorme beleza e gran conservación cunha xeoloxía totalmente atípica), ao tren de la Rhune (de comezos do século XX con impresionantes vistas ás montañas); a Sant Jean de Luz (vila típica do País Vasco francés), a Burdeos (capital da rexión de nova Aquitania), á Dune du Pilat (a máis grande de Europa, cunhas vistas espectaculares a toda a baía de Arcachon) e de volta, Santillana del Mar.

Mirade as fotos e intentade descubrir a que zona das mencionadas pertence cada unha.

 

     
VIAXE A FRANCIA


image | by Dr. Radut