E remata o curso e canda el as sesións do club de lectura. Desta vez leron os e as lectoras o cómic de Paco Roca, El faro, e con el alá vai o proxecto BiblioFaro da Biblioteca, onde o faro da nosa Biblioteca se encargou de alumar e guiar ás e aos leliadouros lectores e non tan lectores.
Ademais de ler, tamén realizaron os faros cos seus soños e ilusións na vida mentres as profes lles lían o conto de Borges, Dos que soñaban, porque ademais aparece reflectido ao final do libro de Paco Roca. Tamén falaron do libro As mil e unha noites e da importancia dos soños que poden chegar a facerse realidade.
Remataron con alusións ás novelas clásicas da literatura de viaxes, dende Movy Dick, Julio Verne, Stevenson ou o propio Homero.
En fin, unha xornada completiña.