Ata o día 28 de marzo acolleu o Lustres Rivas a exposición "My Selfie" do neno Hugo Yáñez e, como fomos convidad@s, alá foi todo 4º ESO para ver as obras creadas por este rapaz de 9 anos. Coma sempre, guiad@s por Ali, viron a arte de primeira man e aprenderon que Hugo creou isto coa axuda do seu pai, Fernando Yáñez. Na súa produción versionan algunhas das pezas máis coñecidas do artista Francis Bacon.
Xa todas e todos coñecemos o proxecto Art for Dent co que a asociación galega da enfermidade de Dent está a poñer o foco sobre esta doenza e sobre as persoas que resultan afectadas. De feito, recordade que os tapóns que o Leliadoura recolle no centro van directamente para esta asociación; é o propio Fernando quen se encarga de vir recollelos.
Un pequeno gran de area nunha tarefa tan inmensa. Animádevos a seguir facéndoo.