Skip to Content

COMO AFRONTAR UN PROCESO DE SELECCIÓN

O Departamento de Administrativo organizou unha conferencia no noso centro impartida por Juan Carlos Rama Bermúdez, director de Recursos Humanos de Congalsa, e a nosa ex alumna de Administración e Finanzas, Cristina Teira, Técnica de Recursos Humanos de Congalsa, sobre un tema de gran importancia como é “Como afrontar un proceso de selección”, realizando un interesante percorrido polas pautas que se deben seguir para elaborar un currículum vitae e facendo fincapé na actitude que se debe mostrar nunha entrevista de traballo, ademais de explicarnos como debemos actuar mentres esperamos a resposta por parte da empresa.

Unha excelente preparación para o alumnado de Administración e Finanzas que vai realizar prácticas neste curso e tamén para o que está a rematar os seus estudos e comeza a búsqueda activa de emprego.

Moitas grazas por compartir con nós o voso tempo, coñecementos e a enorme experiencia que tedes na selección de persoal, e tamén aos alumnos e alumnas que estiveron en Sálvora desfrutando desta charla!

COMO AFRONTAR UN PROCESO DE SELECCIÓN


image | by Dr. Radut