Pois chegou o día do libro e o Departamento de Lingua Castelá decidiu traer a Antone para facerlles a varios cursos, tanto da ESO como de BACH, unha introdución sobre a orixe do rap. Conectouno ademais con outras manifestacións da cultura hip-hop e ensinounos a diferenciar entre linguaxe literal, literario e poético para a seguir explicarlles o símil e a metáfora. Finalmente remataron lendo a Machado ao mesmo tempo que el rapeaba o poema lido.
Por último deulles unhas indicacións para adaptar as estrofas de calquera poema ao ritmo para rapealas, así que en breve temos ao alumnado rapeando a Quevedo.