O alumnado de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas participou no programa “Business talents” de ámbito estatal competindo contra alumnado doutros ciclos superiores e universidades. O concurso asentaba na toma de decisións con estratexias non dominantes sobre as diferentes variables do marketing mix en mercados oligopolistas. Os tres equipos que nos representaban acadaron o obxectivo estratéxico de chegar á final que se celebrará o 30 de abril en Pozuelo de Alarcón. Dende o centro non podemos máis que felicitar a todo o grupo polo logro e pór en valor a calidade do noso alumnado. Parabéns!!!