Skip to Content

ENTROIDO 2022

Xa dicía Risco que “o entroido presenta certo aspecto de mundo ao revés”, polo que queremos animarvos a que cada día da semana vaiades traendo todos aqueles accesorios que o MECO, situado na entrada da porta principal, vos irá indicando.

 

A primeira consigna aparecéra o venres, 18 de febreiro, e así cada día ata chegar ao seguinte venres no que, como preámbulo ao merecido descanso, poderedes vir disfrazados das vosas casas.

 

Como este ano aínda non acadamos a normalidade, tomamos a decisión, tras unha reunión cos titores e titoras de non facer desfile, polo que tentaremos suplir isto dándolle certo aire entroidesco ao centro doutro xeito ao habitual.

 

Imos facer un concurso onde gañará a aula ou aulas máis participativas. Para iso, o profesorado que teña clase á primeira hora apuntará o número de alumnos e alumnas que traen o accesorio que lles manda o MECO. Haberá enriba da mesa uns folios, un para cada día da semana; poñerán o número aí e inmediatamente mandarán que a persoa delegada baixe e lle entregue a cuartilla a Carlos, o conserxe. Por iso, MOI IMPORTANTE, no caso de que o profesor ou profesora da primeira hora se esqueza, debedes facerlle vós o acordo, diso depende a puntuación final.

 

Evidentemente, podedes participar todos e todas, incluído os maiores (Bacharelato e Ciclos), así que animádeos, por favor.

 

 

 

 

 

E a primeira cosigna do MECO PARA O LUNS É...

 

 

 

Para saberdes a do martes, debedes esperar ao luns, ESTADE ATENT@S.

 

ENTROIDO 2022


image | by Dr. Radut