Skip to Content

BAIXAMOS Á VILA

O alumnado de 4º ESO non se puido resistir ao convite que o Servizo de Normalización do concello lles fixo para achegalos un chisquiño máis á figura de Carvalho Calero. A media mañá, acudiron ao Malecón de Ribeira para que Alicia lles explicase todo sobre a interesante exposición fotobiográfica de Carvalho cedida pola Deputacion da Coruña.

 

Ademais, non viñeron coas mans baleiras, pois tiveron de agasallo uns exemplares para os fondos da Biblioteca.

 

Aquí tedes algunha foto do momento da explicación.

 

 

 

BAIXAMOS Á VILA


image | by Dr. Radut