Como un día nos chega a pouco, o centro decidiu estender a celebración do día da muller un chisco máis e así chegamos ata hoxe mesmo onde demos por finalizadas as actividades previstas para recordar esta efeméride.
Así pois, o último que vos ofrecemos son as fotos do traballo que realizou o alumnado de Debuxo Artístico e que xiran ao redor da temática que nos ocupa.
Por outro lado, tamén ofrecemos o resultado dun mural que levaba por título "As mulleres da nosa vida" e que pretendía recordar e amosar á comunidade educativa cales eran ou foron as mulleres que máis pegada nos deixaron no noso devir persoal. Así, pouco a pouco, fomos colgando fotos onde apareciamos nós coas nosas nais, avoas, amigas, tías...
E por último, queda por mencionar esa letra M chea de marcapáxinas con mulleres excelentes da historia que puidemos coller e levar para funcionar como marcadores nos nosos libros de lectura.
Mirade logo o traballo todo.