Skip to Content

Día de Rosalía 2021

Hoxe 24 de febreiro é unha data moi especial porque celebramos o

" Día de Rosalía"  e con ela o rexurdemento das Letras Galegas e dende  o EDLG  do IES Leliadoura queremos compartir unha pequena homenaxe que celebramos co alumnado do noso centro.

Esta celebración, aparece fixada no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da nosa autora.

Debido a problemática actual do COVID  tivemos que adaptarnos a normativa do aforo e limitamos a participación a unha repesentación de un curso de cada nivel de 1º a 4 de ESO. 

Foron en dúas sesions de clase , na 1º sesison 2º e 4º e na outra sesión 1º e 3º ESO.

Dende o departamento de Lingua Galega organizaron para todo o alumnado do centro outras actividades para realizar dentro das aulas para que todos puideran render homenaxe e lembrar a Rosalía.

No Ximnasio un alumn@ de cada nivel fixo lectura de poemas e narrativa da obra de Rosalía.

O profesor de música deulle un tono musical a este evento interpretando catro pezas relacionadas coa obra da autora e rematando o acto co Himno Galego.

 

O alumnado foi agasallado cun libro sobre Rosalía e un estoxo coa súa imaxe.

Tendo  en conta a proposta da entidade de Asociación de Escritoras/es en Língua Galega (AELG) que propón dende o 2010  de adicar  o 24 como Día de Rosalía e de agasallar cun libro en galego e unha flor.

Este ano a proposta realízase en base a un escenario de actuación cos centros de ensino bastante pouco habitual debido ao COVID-19.  Trata de unir a idea da música na literatura, a música en Rosalía e a reinvención da nosa tradición lírica-poética-musical en torno á figura senlleira da poeta.       

Podemos recorrer a estas propostas que grandes intérpretes galegos teñen realizado arredor da obra Rosaliana:

 

Narf:

https://www.youtube.com/watch?v=M8RbDgDb7kQ

https://www.youtube.com/watch?v=AHg1C6YSx5s

Entrevista co autor sobre o seu achegamento a Rosalía:

 https://www.youtube.com/watch?v=0MJy-zAAAX0

Son Trío

https://www.youtube.com/watch?v=POOo4llGkLI

https://www.youtube.com/watch?v=w0wg-f6tMB0&feature=youtu.be

De vacas (Rexurdimento):

https://www.youtube.com/watch?v=qkJBWfiYPTI

Uxía (Rosalía pequeniña):

https://www.youtube.com/watch?v=9HegAZwF4fQ

Uxía (Alborada):

https://www.youtube.com/watch?v=oBD8lk7f64E

 

Por outra banda o  Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X (Ourense) quere compartir un recurso que elaboraron para aproximarnos á vida da escritora.

Trátase dun Draw My Life narrado en galego por unha alumna de 6º de primaria dese centro. As ilustracións foron obtidas do vídeo orixinal en castelán publicado en maio de 2019 polo equipo "TikTak Draw" de YouTube, e que lles concedeu a súa autorización. Tamén contan coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Fundación Rosalía de Castro, que participou na revisión dos datos biográficos.

Ligazón do vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=5sLT5qSVuWg

 

 Agradecemos igualmente todas estas propostas que non achegan  dende o Portal da Língua do gabinete de Normalzación Lingüística da coordinadora territorial dos EDLG da provincia da Coruña, e  esperamos  que  tamén disfruten tanto cama nós vendo os enlaces que nos envían.

 

 

 

Día de Rosalía 2021


image | by Dr. Radut