O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística propón a todo o alumnado do instituto participar na narración dun microrrelato.
O Microrrelato é un texto narrativo breve de moi poucas liñas que pola brevidade do seu contido e precisión no seu vocabulario,serve para contar algo sorpendente que non deixe indiferente ao lector que ten que encher ocos que o autor deixa, e a súa intención é que busca sorprender dende o primeiro momento.
O xurado avaliou os relatos presentados polo alumnado de 1º a 4º ESO, e os que gañaron impuxéronse a unha listaxe de 15 relatos finalistas.
Os gañadores dete concurso de microrelatos en lingua galega son os seguintes:
1º da ESO
Angel Otero: "O espello"
Irene Figueiro: " O soño"
Icíar Martínez : " A Escuras"
En 2º ESO
Andrea Martínez : " Medo"
en 3º temos o relato de Valeria -Laura : "Nenguén"
e finalmente en 4º de ESO
Alejandro Abelleira:" Só queríamos xogar"
Iván Paz :"Nunca volverei a estar só"
Noraboa a todo o alumnado que participou contándonos os seus microrelatos!!