O luns 11 de febreiro os grupos de 4º ESO e 1º Bacharelato tiveron dúas actividades culturais en Santiago organizadas polo Departamento de Lingua Galega e Literatura. Pola mañá asistiron á representación da obra Bicos con Lingua por parte do grupo Talía Teatro. Nela tratáronse aspectos sociolingüísticos importantes como os prexuízos, usos da nosa lingua e as interferencias lingüísticas.
A primeira hora da tarde o alumnado realizou a visita ao Pórtico da Gloria. Divididos en dous grupos, fixeron un percorrido acompañados por unha guía polas Salas do Museo dedicadas ao Mestre Mateo e recibiron información sobre o seu proxecto e a súa obra. Remataron a visita no Pórtico da Gloria, onde se detallaron os seus valores históricos-artísticos, a explicación da súa mensaxe iconográfica, significación e cal foi o seu proceso de restauración.