Skip to Content

Mural sobre a muller

As oito alumnas de plástica de cuarto de ESO, baixo a dirección da súa profesora, Pura Villar, realizaron este fermoso mural feminista. Foron elas as que propuxeron a inclusión do rostro de Plácido Betanzos coa frase «grazas por loitar con nós».

Con rostros felices e sen deixar de pintar, Marta Lijó, Silvia Ageitos, Fayna Andrade, Sara Fernández, Lucía Puebla, Naima El Gargari, Victoria Petrovich e Paula Martínez imprimían pinceladas cargadas de sentimento e de valores.

.

Mural sobre a muller


image | by Dr. Radut