Skip to Content

Proxecto Etwinning: Nivala (Finland) - Frións (Spain)

                                                                  

Esta semana os nosos Leliadour@s enviarán xa a primeira tanda de postais aos seus amigos de Nivala en Finlandia. Na fotografía podedes ver algunhas delas e como @s nos@s Leliadour@s optaron nuns casos por facer deseños propios para as súas postais e noutros por empregar fotografías dos seu lugares e/ou actividades favoritas. Como vos contamos na entrada anterior, o alumnado de 3º da ESO fixo estas postais partindo de cero e sen seguir ningún patrón nen modelo previo xa que unha das premisas desta actividade era o fomento da súa creatividade polo que, tanto o deseño como a temática era libre e tiñan que decidir ambas eles mesmos.

 

 

@s nos@s Lelidour@s puxeron moito empeño e ganas nesta actividade e esforzáronse por revisar a súa lingua para non cometer erros á hora da escritura. Escribiron e reescribiron os textos que querían incluír facendo uso de materiais de consulta en soporte papel e/ou online. Merece a pena subliñar, que non se correxíu nada por parte do profesorado para que eles mesmos se decataran dos seus erros e fosen conscientes deles e se autocorrexisen xa que esta actividade, ademais da creatividade, pretendía formentar tamén a aprendizaxe autónoma e a auto-regulación do alumnado, así como mellorar a súa expresión escrita nun contexto real de comunicación.

Estas semanas tamén puideron visionar o vídeo do alumnado finlandés e ver así as similitudes e diferencias culturais e de aprendizaxe tanto co seu entorno como co do alumnado inglés que nos enviara o seus videos o trimestre pasado. Foi moi enriquecedor para eles xa que esta comparación axudoulles a decatarse dos seus puntos fortes e débiles. Esto levounos a unha avaliación e crítica constructiva deles mesmos e dos traballos dos demais o cal coidamos que é unha actividade moi positiva tanto para o seu enriquecimento personal coma para a súa aprendizaxe.

Por último, só nos queda dicirvos que esperamos ser quen de facer a seguinte actividade neste proxecto: unha videoconferencia en tempo real na que o alumnado de ambos institutos poida verse, coñecerse e falarse e así poder estreitar os lazos con eles para vindeiras actividades e proxectos. Todo depende de como vaia a nosa conexión a internet xa que, como sabedes, seguimos sen contar con fibra óptica. Cruzamos os dedos e esperamos acadalo xa que @s Leliadour@s están moi entusiasmad@s coa idea. Seguiremos informándovos dos progresos e esforzos dos nosos LELIADOUR@S. 

 

ORGULLO LELIADOURO!

 

 *Acaban de informarnos de que xa contamos coa fibra óptica! Así que en nada poderemos poñernos a traballar nos seguintes pasos deste proxecto. Estamos moi agradecidos .

 



story | by Dr. Radut