Skip to Content

O alumnado de FP básica visitou o CESGA

Estivemos no Centro de Supercomputación de Galicia onde Fernando Bouzas Sierra explicounos un pouco ao que se adican e despois fomos á inauguración da mostra "Historia da informática na USC", á que o CESGA cedeu varias pezas, na que sacamos esta foto do alumnado de FPB1 co seu profesor Enrique Agrasar, ao redor dunha réplica de R2-D2, que se move e fai os mesmos sons igual ca o orixinal, pero este feito con material de refugallo por un mozo de Cambre. No medio aparecen o seu programador (en arduino) Eduardo Santos Pérez, un rapaz de 15 anos, xunto do seu monitor.

Por si alguén lle interesa, a mostra permanecerá aberta na sala multiusos do Colexio de Fonseca, fronte a Correos, ata final de ano de 12 a 20h de luns a venres e de 12 a 15h os sábados.

O alumnado de FP básica visitou o CESGA


image | by Dr. Radut