DEPARTAMENTO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
"AS PALABRAS NA GAIOLA"
"O GALEGO É A CHAVE"
Como este ano o día das Letras Galegas está adicado a Manuel María escritor e poeta da Terra Chá (Outeiro de Rei), con tal motivo escollemos unha gaiola pola súa obra Os soños na gaiola a cal poñeremos na entrada do centro para que enchades con palabras que agora case non usamos e que grazas a colaboración de toda a comunidade educativa queremos recuperar e que volvan a coller vida.
Esta actividade se desenrolará ao longo de todo o curso, podedes facer as vosas aportacións no seguinte correo: leliadoura.normalizacion@gmail.com
Por iso a vosa participación é moi importante para que se cumpra o noso soño e o de Manuel María: "un galego con futuro".
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis fleve,
o pensar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
¡ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Si perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ó idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
si queremos vencer!
Manuel María: As rúas do vento ceibe (1979)