Skip to Content

FINANZAS PARA MORTAIS

O título xa o indica todo, dúas intensas horas onde o relator se centrou en que o alumnado de 4º ESO de Economía chegase a comprender como entenderse cos bancos. 

Comezaron vendo o funcionamento dunha conta bancaria e a diferenza da utilidade entre as tarxetas de débito e as de crédito. Recibiron consellos como que, cando viaxen, a mellor opción é a taxeta no móbil ou unha prepago; a importancia das claves, xa que son na súa maioría moi fáciles e os háckers logo acceden a elas; como actuar no caso de que lles chegue unha mensaxe do banco onde lles pidan algún cambio, deben saber que o banco nunca envía isto e tamén trucos á hora de ir ao caixeiro (tapar sempre a tarxeta para que ninguén lle poida facer unha foto).

Non esqueceu tamén de indicarlles cales son as utilidades da Banca Online e da diferenza entre comisións e intereses.

Mañá intensa que rematou co vídeo do cómico Leo Harlem onde explica como funciona a banca online. Abaixo vos queda por se o queredes ver.

 

FINANZAS PARA MORTAIS


image | by Dr. Radut