Skip to Content

Visita ao Parlamento de Galicia

(25/11/2015)

Un ano máis, o dpto. administrativo organizaou unha visita á sede do poder lexislativo en Galicia para que o alumnado coñeza tanto a sede como o funcionamento do Parlamento de Galicia. Sempre que é posible facemos coincidir a visita coa axenda do pleno e, afortunadamente, ese día desenvolvíase unha sesión de control ao Presidente da Xunta polo que poidemos escoitar as preguntas plantexadas polos distintos portavoces dos grupos parlamentarios ao Presidente da Xunta, a súa resposta, a réplica e a contrarréplica. Despois dunha hora de debate tivemos ocasión de coñecer os distintos espazos do edificio e a súa historia antes de converterse en sede do Parlamento.

 

 

Visita ao Parlamento de Galicia


image | by Dr. Radut