slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

Treat or trick

Durante esta noite tremeron os alicerces do Departamento de Inglés do Lamas de Abade, removéronse terras e pedras e pola mañanciña apareceron un montón de testemuños escritos e tartas 

de ultratumba (aínda que seguro que para os de inglés e para os amantes do Halloween sería máis propio dicir "a lot of afterlife cakes")... Cal é a túa favorita??? Mira algúns detalles no ALBUM COMPARTIDO

Fotos Carreira contra a Leucemia Infantil

 Lembrades que o pasado 26 de outubro andivemos a correr un montón de "Voltas ao Instituto contra a Leucemia Infantil"? Pois a ver se podedes atoparvos neste inmenso ALBUM DE FOTOS que agora compartimos con vos :)

Recollemos o premio do concurso "Explícoche Matemáticas 2.0"

Recollemos o premio do concurso "Explícoche Matemáticas 2.0" do que xa deixamos noticia en artigos anteriores.

Para máis información mira a noticia no menú do Departamento de Matemáticas ou a reseña sobre a victoria acadada neste concurso  

Visita á exposición "Castelao Maxistral"

  O vindeiro 8 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato e de 4º da Eso visitará a exposición "Castelao Maxistral" da Cidade da Cultura de Galicia. A actividade xira arredor da exposición da obra  'A  derradeira  leición  do  mestre' e complétase con outras obras e actividades sobre o mundo escolar nos tempos da IIª República organizada baixo a supervisión de Miguel Anxo Seixas Seoane.

Se tes interese en saber máis da expo podes visitar os seguintes enlaces da Cidade da Cultura, Turismo de Santiago, Cultura de Galicia ou un artigo de opinión do profesor Galrcía Iglesias de El Correo Gallego

 

Xornadas Prácticas de Cosmética Hidrotermal

06/11/2018 09:00
Europe/Madrid

 Deixamos noticia nos nosos eventos de que o CS de Estética e Benestar participará nas Xornadas prácticas do módulo de Cosmética Hidrotermal no balneario de Cuntis o 6 de novembro de 2018 de 9:00 a 19:00. Aprendede e gozade da experiencia e do lugar.

Premio no concurso "explícoche matemáticas 2.0"

Premio matemáticas  Compartimos con gran ledicia a nova de que o noso antigo alumno de 4º da ESO Aarón Vilariño Figueiras ten sido designado como gañador na categoría A (2º ciclo da Eso, Bacharelato e ciclos de F.P) do concurso “Explícoche Matemáticas 2.0” na edición do ano 2018 sendo seleccionado entre 29 traballos da súa categoría.

Abalar móbil para as familias do noso Centro

 

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

 

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).

Para máis información consulte os arquivos que se xuntan con esta información

Viaxe a Roma

08/10/2018
Europe/Madrid

Excursión de Bacharelato en Roma

 

 

 

O IES Lamas de Abade de visita no CERN

26/09/2018 09:00
30/09/2018 23:00
Europe/Madrid

CALENDARIO INICIO CURSO 2018/2019

CALENDARIO INICIO CURSO 2018/2019

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer