O alumnado de 1º de bacharelato do noso Instituto ven de recibir os seus merecidos diplomas pola participación na Iª Xincana Xeolóxica nun evento celebrado no Salón de actos do IES LAMAS DE ABADE.
Confirman dende o Departamento de Bioloxía que en próximas edicións tratarase de darlle cabida á participación de alumnado de outros niveis e mesmo a alumnado de outros centros, pois a experiencia resultou moi positiva, tanto desde o punto de vista académico como lúdico.
Poucos días despois do seu percorrido por Lugo os agrupamentos de 1º da ESO gozaron estes días (tal e como deixamos aviso no calendario de eventos) dunha nova saída. Nesta ocasión desenvolveron unha estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda (Ourense) organizada polo Departamento de Educación Física. Tal e como ven sendo costume, compartimos dende o Instituto o álbum coas fotografías das diferentes actividades
O alumnado de 1º de ESO e de 1º de bacharelato aproveitou os dias solleiros do mes de abril para realizar as súas prácticas de botánica. Este ano centráronse en dous temas concretos:
- Identificación de liques
- Uso de claves para determinación de plantas Cormofitas.
- Elaboración dun caderno de campo
Non tódolos anos nos resulta tan doado o noso xardín para este tipo de prácticas. Pero, nesta ocasión, traballouse ben a gusto. A nosa “oficina” foi o noso propio xardín. Sen saír dela traballouse fluída e eficientemente. Compartimos link do álbum por se queredes baixar as fotos
O día 6 de maio deste 2019 terá lugar no Taller nº 2 durante toda a mañá un "Obradoiro de Maquillaxe con Aerógrafo" para o alumnado de 2º de FP Básica de Peiteado e Estética e para o do 1º CM de Estética e Beleza.
O obradoiro estará a cargo de K-PPEL, empresa de prestixio no campo dos produtos de peiteado e estética) organizado polas profesoras Rosa Álvarez e Carla Mujico e implicando tamén ao seguinte profesorado: Ángeles Domínguez, Mercedes Sáenz, Beatriz Corbacho e Ana Campaña
O profesorado de Lingua Galega e Lengua Castellana veñen de compartir novas imaxes da fermosa inauguración da Biblioteca do Lamas de Abade o pasado día 23.
Algunhas delas están publicadas no Instagram "adeGalego". Animádevos a pulsar en "seguir" e poderedes acceder sen problema a ver as fotografías pulsando nas iconas de Instagram da liña inferior:
Lectura continuada 1 Lectura Continuada 2
A outra posibilidade é a de voltar a consultar o noso álbum de google photos.
Non digades que non se vos ofrecen posibilidades :)
Concerto Didáctico no Auditorio de Galicia organizado polo Departamento de Música para o alumnado de 2º A e B e 3ºA da ESO. A actividade estará desenvolvida pola Orquestra de Malabares que busca a unión entre o mundo do Circo e as tradicionais Bandas Municipais de Música. A actividade terá lugar en horario de 9:30 a 12:00 da mañá. Deixamos Link para as persoas que desexen máis información
O alumnado de 1º da ESO (grupos A e B) visitará a cidade de Lugo e os seus arredores nunha actividade de colaboración entre os Departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Inglesa e Lingua Castelá. No marco temático da Historia Antiga de Galicia visitarán Lugo, Santa Eulalia de Bóveda e o Castro de Viladonga o vindeiro 30 de abril durante toda a xornada. Estarán acompañados por Guadalupe Rodríguez, Alicia Romero, Mª Carmen García e Antonio Tizón.
Para rematar o día de hoxe con ese grupo de apuntamentos culturais que anunciamos nas novas anteriores, comunicarvos que do 23 ao 26 de abril celebraremos a Semana Cultural do Lamas de Abade co título "InmigrACCIÓN: aproximación á crise dos refuxiados".
Podedes ver o programa completo da actividade pulsando neste link ou na imaxe que acompaña esta nova.
O día 25 de abril no Taller nº 2 terá lugar a celebración dun "Obradoiro de Extensión de Pestanas" para o 1º Ciclo Medio de Estética e Beleza a cargo da relatora Raquel (DVR). O profesorado implicado pola actividade: Asunción Crespo, Beatriz Corbacho e Carla Mujico.
Xa se desvelou a sorpresa no Lamas: nese grupo de novas culturais está a gran novidade coa que inauguramos o 3º trimestre deste curso xa que este martes día 23 de abril, coincidindo coa celebración do día do libro, o Lamas de Abade ten programadas unha chea de actividades para celebrar esa efeméride, pero tamén a inauguración da nova Biblioteca na que estiveron a traballar nas últimas semanas.
A primeira actividade coa que queremos comezar esta nova etapa da Biblioteca será unha "lectura continuada" levada a cabo por todos os grupos de Educación Secundaria e algúns de Formación Profesional do noso Instituto.
Prometemos fotos dos eventos e da refulxente reforma da Biblioteca!. E tamén dende a web do Lamas, unhas palabras de agradecemento para todas e todos os que teñen axudado nesta tarefa que perdurará no tempo. Grazas por todo o voso tempo e esforzo.
Compartimos as fotos que xa comezan a configurar o álbum dos actos de inauguración.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer