slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

Horarios Fin de Curso


Fotos da Visita ao Museo de Historia Natural

Como cada ano, o alumnado novel de Bioloxía e Xeoloxía do noso IES Lamas de Abade visitaron o MHN de Santiago de Compostela que se encontra sito no parque Europa da nosa cidade. Non contamos co mellor día (choveu “a mares”) pero o resultado foi satisfactorio: os alumnos e alumnas conseguiron respostar ó 99,9 % das cuestións que as súas profesoras Cristina e Mariña lles levaban plantexadas.

Aínda que o importante non son os resultados a curto prazo senón o interese suscitado neles, que  aflorará o día menos pensado cando, un sábado chuvioso de inverno acorden volver porque algo non lles quedara suficientemente visto. (INTENTANDO  crear VOCACIÓNS, JE ,JE)

A visita á Cidade da Cultura foi guiada e resultounos máis curta do desexado. Só podemos dedicarlle tempo aos aspectos arquitectónicos do complexo. Outra vez será. Gustounos.

Compartimos LINK do álbum da visita

 

Entrega Premios Concurso de Curtas "Premios Climántica Valedoras do Planeta"

I Concurso curtas “PREMIOS CLIM. VALEDORAS DO PLANETA”

Moita Xente Pequena,

 En Lugares Pequenos,

 Facendo Cousas Pequenas 

Poden Cambiar O Mundo.

                                            E. Galeano

O IES Lamas de Abade acaba de convocar para o seu alumnado o 1º Certame de curtametraxes dedicado á loita contra do Cambio Climático. 

Somos nós os que poderemos salvar ó planeta.

Que podemos facer nós no noso Instituto para reducir as emisión de dióxido de Carbono?

O pase de tódalas curtas terá lugar o xoves 20 de Xuño no salón de actos do noso instituto. O Xurado valorará a creatividade das persoas participantes e a súa capacidade para chegar a toda a Comunidade Educativa.

Haberá alfombra vermella  e recoñecementos para todos.

2º Premio Mellor Xornalista Xuvenil da Voz de Galicia

A nosa alumna Nerea Mera Castro, de 1º curso da ESO, vén de recibir o 2º premio do XVI Concurso Escolar organizado polo programa Prensa - Escola do Xornal La Voz de Galicia nesta edición do 2019.

Nerea ten participado cunha entrevista na que deixa constancia do gravísimo problema da perda de poboación e abandono do rural galego.

Compartimos foto da entrega de premios e tamén deixamos o oportuno LINK para que accedades á entrevista galardoada

E tamén podes atopar máis datos e os links á publicación íntegra de prensa Escuela sobre a entrevista e o premio na sección "Prensa" da web do Lamas de Abade

Excursión Aquapark Cerceda

O mércores 19 o Departamento de Educación Fïsica organiza unha lúdica e relaxante excursión para o alumnado de 3º e 4º da ESO e para os de 1º de Bacharelato no Aquapark de Cerceda co obxectivo de inaugurar o verán da mellor maneira posible.

Presentación da web do I.I.G.T. do Lamas de Abade

Tamén o martes día 18 de xuño terá lugar en horario de tarde o acto de Presentación da páxina web do "Instituto de Investigación de Gadgets Tecnolóxicos (I.I.G.T.)" do IES Lamas de Abade. O Departamento de Filosofía xa leva tempo implicando ao alumnado para recapacitar sobre a tecnoloxía omnipresente no mundo actual e agora quere compartir os seus resultados con todo o público na web. Non dubidedes en asistir ao evento no Salón de Actos do Instituto ás 5 da tarde.

Visita ao Museo do Pobo Galego

Hai que admitir publicamente que o alumnado de 2º da ESO ten motivos para sentirse un pouquiño agraviado nas saídas deste curso e, no fondo, todo o profesorado temos feito promesa de compensalos no vindeiro curso.

Non obstante, que teñamos intención de compensar ese erro para o ano non impide que aínda poidan realizar saídas didácticas na recta final do curso que remata agora. Por ese motivo as titoras teñen organizado unha saída para estes grupos de 2º da ESO o vindeiro día 18 de xuño durante toda a mañá mediante unha prolongada visita ao Museo do Pobo Galego. Estarán acompañados polas titoras Rosa Conde e María Carmen García e polo seu profesor Brais Preto. Dende logo, merecer, téñena ben merecida Guiño

Visita Museo de Historia Natural e Monte Gaiás

Despois dun tempo sen actividades pola intensidade das tarefas de fin de curso, xa nos intres finais do ano, o alumnado de 1º da ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía visitará o Museo de Historia Natural e o Monte Gaiás o día 18 de xuño durante toda a mañá. A saída didáctica está organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e as profesoras responsables da visita serán Ana Mosquera, Cristina Gómez e Marina Raíces.

      

 

Outra xeración sae do Lamas (Graduación 2019 do 2º de Bacharelato)

Onte 23 de maio pola tarde tivo lugar no Salón de Actos a celebración da Graduación do alumnado da Promoción 2018-2019 do IES Lamas de Abade no 2º de Bacharelato. Inmensidade de emocións, anécdotas, sorrisos e algunha bágoa perdida vendo como un marabilloso grupo humano encamiña unha nova etapa da súa vida académica lonxe do recinto do noso benquerido Instituto. Compartimos os desexos de boa sorte no futuro e, por suposto, o desexo moi aplaudido de que sexan, sobre todo, boas persoas tal e como teñen amosado durante todos estes anos no Lamas.

Estamos agardando que cheguen algunhas das fotos de boa calidade feitas por algúns familiares do alumnado. De momento, dada a inmensidade de solicitudes nestas horas, compartimos link e álbum das que temos xa a disposición do Centro.

   

Conferencia Antón Fraguas

Este xoves 16, con motivo de comezar a celebración do Día das Letras Galegas 2019 do día seguinte, o alumnado de 3º e 4º da ESO gozará dunha conferencia sobre Antón Fraguas a cargo do profesor Antonio Tizón. Terá lugar entre as 12:40 e as 13:30 horas. A actividade está organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística. 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer