O alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato acudirán á conferencia de Xeoloxía Ambiental impartida pola doutora Teresa Taboada Rodríguez na USC o vindeiro 28 de febreiro en horario de 9:50 a 10:40 (2ª hora de clase). O profesorado afectado nesas horas terá que acompañar ao alumnado.
O 25 de febreiro unha selección do alumnado de 3º da ESO (grupos A e B) asistirán a unha charla-coloquio con María Solar, autora do libro "Os nenos da varíola" no salón de actos do IES Xelmírez I entre as 10.15 e as 13:15 da mañá
Este venres 22 de febreiro viviremos en Lamas de Abade a VI Mostra do Entroido organizada polos seguintes Centros: ASPANAES Duques de Lugo, CEIP Lamas de Abade, CEIP Pérez Viondi, IES Lamas de Abade, ESCOLA INFANTIL Raiola e CIFP Compostela.
ENTROIDO 2019
CONCURSO DE SOBREMESAS
BASES
CONCURSO DE DISFRACES
22 de febreiro
ENTROIDO 2019
Os días 21 e 22 de febreiro o alumnado do Lamas de Abade acudirá aos Concertos Didácticos interpretados no Auditorio de Galicia pola Real Filharmonía de Galicia e o multiinstrumentalista Abraham Cupeiro.
O día 21 será turno do 2º ESO A e 3º ESO B así como do alumnado de Música de 4º ESO A e B. O día 22 acudirá o alumnado de Música de 1º de Bacharelato
Esta previsto saír do Instituto sobre as 10:20 e o retorno para as 12:40
Se queredes atopar máis información desta interesante actividade musical que propón unir as diferentes partes do planeta mediante a música podedes pulsar neste Link ou na imaxe.
Os cursos 1º e 2º do Ciclo Superior de Saúde Ambiental visitarán o vindeiro día 20 de febreiro de 2019 dende as 10:00 da mañá a Estación Depuradora de Augas Residuais e a Estación de Tratamento de Auga Potable de Santiago de Compostela. Boa visita
Charla sobre o proxecto Youtubeir@s o martes 19 de febreiro pola tarde para o alumnado de ESO e 1º de Bacharelato que poida ter interese no proxecto e na IIIª Convocatoria dos Premios Youtubeir@s co prazo de inscrición aberto recentemente.
Deixamos aquí link á web do proxecto. Ánimo e a participar
Este luns 18 de febreiro realizarase no Lamas de Abade unha nova actividade de sensibilización coa Seguridade Viaria impartida pola Policía Local de Santiago para o alumnado de 3º ESO A e B no Salón de Actos desde as 10:00 ata as 11:30.
Xa o mes pasado, na primeira visita da Policía Local ao Centro, fixemos unha presentación dos obxectivos que se querían acadar con esta actividade. Se queres máis información pulsa aquí.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer