Dende Imaxe Persoal, en relación co obradoiro de Formación en Depilación Láser do que deixamos referencia esta semana na web, fan fincapé noutras actividades complementarias desenvolvidas no Módulo de Micropigmentación do CS de Estética Integral e Benestar como, por exemplo, a "masterclass" recibida no curso anterior e impartida polo equipo da "Clínica de Medicina Estética Yolanda Albelda" sobre a técnica de "Micropigmentación Hiperrealista de Cejas en 3D".
Precisamente nesta actividade foi onde o noso alumnado tivo o pracer de recibir as ensinanzas do obradoiro impartidas por Belén Estévez, unha das responsables do curso e profesional moi considerada a nivel internacional que está directamente relacionada co IES Lamas de Abade por ser unha das nosas ex-alumnas da promoción do 2015.
Deixamos Link coa nova do xornal "El Correo Gallego" e co álbum de fotografías que comparten con todos os que vos acercades pola web
No día 26 de marzo o 2º curso do Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar realizará durante toda a xornada unha viaxe por diferentes establecementos de Terapia Hidrotermal entre os que destacan o Talaso de Sanxenxo, o Spa Juan Carlos I, o Spa Augusta Resort e o Balneario Isla de La Toja.
O profesorado implicado na actividade: Asunción Crespo, Alberto García e Isabel Rodríguez
Recuperamos tamén outras novas que quedaran no caixón e que deben ter o seu recoñecemento público na nosa web:
O luns 18 de marzo o alumnado do Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar do Lamas de Abade puido contemplar en directo unha demostración didáctica para aprender a manexar o láser « triphase».
O Obradoiro tivo lugar nas instalacións de DRV e está a complementarse coa realización de prácticas no propio centro coa colaboración da empresa. En nome da profesora do grupo Mercedes Sáenz manifestar o agradecemento pola eficacia e amabilidade das persoas que colaboraron con esta formación, tanto por parte de DRV como de Depilclub.
Durante o mércores 20 e o xoves 21 de marzo fíxose entrega dos Premios Literarios Arcebispo Juan de San Clemente.
Escollidos por representantes de varios Institutos os galardoados foron:
Unha selección do alumnado de 4º Eso e 1º de Bacharelato do IES de Lamas ten participado na actividade dos Premios San Clemente previa lectura dos libros premiados.
No caso de Sergio Blanco Iglesias (4ºB) e Xiana Villaverde Munín (1º Bach) puideron participar no coloquio cos autores premiados.
O alumnado puido participar no acto de entrega de premios do mércores (19:00 horas) e nos coloquios cos autores premiados. Pero tamén houbo intres máis lúdicos como a participación dunha representación de alumnado e profesorado do noso Instituto na cea de gala dos Premios. Podedes gozar das imaxes deste prestixioso certame no seguinte álbum de fotografías.
O alumno Sergio Rodríguez de 3º A comparte coa web a crónica da visita aos museos científicos coruñeses do pasado 10 de marzo:
"Un día de museos científicos".
O día 14 de Marzo fomos de excursión o alumnado de 2º e 3º da ESO. Os sitios a visitar foron primeiro a Domus, a Casa do Home, onde asistimos a un obradoiro de disección e onde nos explicaron algunhas das partes e características do corazón, para que despois, na disección soubéramos algo máis. Nese obradoiro podemos observar a incrible resistencia das válvulas e máis detalladamente as partes e os tecidos do corazón. Cando rematamos o obradoiro deixáronnos tempo libre para visitar o museo, e o que máis me chamou a atención foi a capacidade do ser humano para colaborar incluso coa xente que non che cae ben, para superar un xogo de reflexos.
Os grupos de 3º da ESO comparten o seu blog da viaxe a Londres. Podemos seguir a viaxe case "en directo" pulsando na imaxe ou no enderezo:
https://abadelondontrip.wordpress.com/
Parabéns pola iniciativa.
O profesorado dos módulos de Cosmetoloxía e de Técnicas Hidrotermais teñen programado para o 15 de marzo unha actividade para visitar a Fábrica de Cosméticos Iuvenor e o Balneario de Partovia durante toda a mañá (9:00 a 14:00)
Os afortunados que gozarán da actividade son os seguintes Ciclos:
1º e 2º do CS de Estética Integral e Benestar
2º do CM Estética e Beleza
Os cursos de 2º e 3º da ESO visitarán os Museos Científicos Coruñeses o 14 de Marzo dende as 9:00 da mañá ata as 18:00 da tarde. Terán tamén a oportunidade de participar nun Obradoiro de Disección de Órganos.
Contar con Ciclos de Estética no noso Centro ten moitas vantaxes. Unha delas foi a de poder gozar das impresionantes e coidadas caracterizacións das "vítimas" do simulacro de emerxencias que tivo lugar esta mañá no Instituto e que mereceu a atención dos medios de comunicación. Non obstante o traballo non tería sido posible sen a colaboración e coordinación do alumnado e profesorado do Ciclo de Emerxencias Sanitarias do noso Instituto que puideron levar adiante unha intensa e completa práctica do que será a súa actividade profesional nun futuro inmediato. Parabéns a alumnado e profesrado polo traballo realizado e o resultado final do simulacro.
Pulsade na imaxe para poder ver o índice do telexornal de hoxe 27 de febreiro de 2019 e logo pulsade no minuto 41:56 para gozar da reportaxe:
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer