30 de decembro de 2018: Link ao Artigo en La Voz de Galicia sobre a Formación Profesional da comarca de Santiago de Compostela no que se fai especial fincapé nos estudantes de centros desta localidade clasificados para participar na fase SpainSkills 2018. En relación directa co tema aparece ao longo do texto unha entrevista individual coa nosa alumna Iria Díaz Granja. Parabéns.
O pasado 11 de decembro visitamos o Museo Aberto da Domus e participamos nun obradoiro biotecnolóxico en busca dunha diana para o tratamento da aterosclerose, facendo unha transformación bacteriana. Foi unha agradable experiencia na que aprendimos desde como manipular micropipetas, ata darlle de comer a bacterias, facer cultivos con asas de sembra e descubrir para que serve unha centrifugadora no laboratorio.
Pulsando aquí podedes acceder a galería de imaxes da mañá que pasamos en A Coruña.
O vindeiro 20 de decembro, no marco das actividades finais do trimestre e como celebración previa ao Nadal, o alumnado de 3º e 4º da ESO fará unha lúdica visita á Alameda Compostelá para poñer a proba as habilidades para a patinaxe sobre o xeo. A actividade durará de 9:50 a 11:30.
Un favor vos pedimos: Volvede sen danos físicos pero gozade a tope da experiencia
Se pulsades na imaxe poderedes ver a fotografía coa que ilustramos este evento dentro dun artigo do xornal La Voz de Galicia no que se fala sobre a pista de xeo e outras actividades do Nadal en Compostela. E se pulsades aquí poderedes ver algunhas das nosas propias fotos da actividade
E falando tamén de traballo ben feito: Cando o 25 de novembro celebramos o día Internacional contra a Violencia de Xénero fixemos un resumo das actividades desenvolvidas no Lamas de Abade antes desa conmemoración. Non obstante, mirade a marabilla coa que nos deleitaron dende o Departamento de Dinamización Lingüística do Centro no recreo do día seguinte. Admirable e valente actuación recompensada coa ledicia e os aplausos de todas e todos os que alí estabamos escoitando.
Deixamos link ao vídeo. Para poder visualizalo temos rebaixado considerablemente a calidade. Non obstante aquelas persoas que queirades unha copia con calidade HD non dubidedes en preguntar ao Departamento de Dinamización ou na Xefatura de Estudos e non teredes problema en conseguila.
Hai un par de semanas aconteceron algúns eventos que deixamos de lado para atender ao montón de actividades que saturaban a nosa web, pero agora que a cousa está máis tranquila vai sendo tempo de deixar os oportunos recoñecementos aos que fan un bo traballo no noso Instituto e por veces quedan no esquecemento ou fóra da nosa atención. Por ese motivo compartimos hoxe con vos a foto de entrega de premios do concurso de postres que polo Halloween organizara o Departamento de Inglés e do que xa deixamos constancia na nosa web co seu correspondente álbum de fotos. Parabéns enormes para estes cociñeiros e cociñeiras que traballaron arreo naqueles "sweet desserts" e que agora amosan o seu diploma e premio de cine: César Alijo, Iria Estévez e Antía Tejo
O día 11 de decembro de 2018 en horario de mañá (9:30 a 14:15) o alumnado de 4º da ESO e o de 1º de Bacharelato que cursa Bioloxía e Xeoloxía asistirán a unha interesante actividade programada pola Domus da Coruña na súa sección "Laboratorio Aberto". A temática centrarase na Revolución Biotecnolóxica. O profesorado acompañante serán as profesoras Marina Raíces Madriñán e Cristina Gómez Rodríguez
Pois xa podemos facer balance de participación e recadación. Nesta Volta ao Cole 2018 participamos 339.848 persoas en toda España e un total de 953 coles. O noso centro IES Lamas de Abade, recadou a cantidade de 197,14 euros, superando o euro por neno/a que pedíamos como donativo e de forma simbólica a cambio do dorsal.
Por iso queremos agradecer a participación de todos e todas, e animar a seguir colaborando nesta importante laboura de concienciación e sensibilización sobre a Leucemia Infantil
Gañamos o Galicia Skills!!
A nosa alumna Iria Díaz Granja resultou gañadora e medalla de ouro do concurso que se estivo celebrando estes días en Silleda na sección do ciclo de "Coidados auxiliares de enfermaría".
Parabéns para a gañadora, a súa titora e todas as súas preparadoras.
O Lamas estivo nas XXXI Xornadas de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA). Lembrades que quedamos de completar información sobre a asistencia dunha representación do alumnado a esas Xornadas? Pois cumpramos coa palabra comprometida:
O pasado 15 de novembro un grupo do noso alumnado presentou nas Xornadas de Lalín a ponencia titulada:
SUIZAZZEELEEERADAAA.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer