INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 

 

                 

 

O IES Lamas de Abade de visita no CERN

26/09/2018 09:00
30/09/2018 23:00
Europe/Madrid

No marco do Programa de Excelencia encamiñado a "incrementar a colaboración con diferentes Organismos e Institucións" que se ven desenvolvendo no IES Lamas de Abade nos últimos anos, hoxe 26 de setembro viaxan cara a Xenebra 15 compoñentes da nosa comunidade escolar (os profesores Roberto Noya e José Manuel Facal e alumnado dos cursos de 3º e 4º da ESO así coma 1º e 2º de Bach.) 

Este alumnado ten asistido en horario extraescolar a múltiples sesións do Programa de Excelencia que se desenvolve dende hai varios anos no Centro e hoxe reciben unha merecida recompensa.

O obxectivo principal da viaxe será unha intensa visita as instalacións da Organización Europea para a Investigación en Enerxía Nuclear (CERN). Desexamos inmensamente que gocedes coa experiencia e sexa de gran proveito académico

Para máis información e fotos sobre o que foi esta visita consulta a páxina de Actividades Extraescolares. Saúdos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer