Artes plásticas

XV Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra

Enviado por olalla o Sáb, 15/03/2014 - 17:05
14/03/2014 00:00
05/04/2014 00:00
Etc/GMT+1

Ligazón

( categories: )

PREMIOS DO CONCURSO DE CARETAS E CABEZUDOS

Enviado por olalla o Mar, 04/03/2014 - 08:07

Xa temos aos gañadores e gañadoras do concurso de caretas e cabezudos celebrado este venres no noso centro.

Noraboa a todas e todos os participantes polo traballo realizado!.

 

CATEGORÍA: MELLOR ACABADO

1º premio: "PELIQUEIRO" - BELÉN OTERO (3º B)

2º premio: "ANGRY PIG" - VERÓNICA GÓMEZ (3º A)

3º premio: "MÁSCARA TIKI" - DIEGO JORGE (3º A)

CATEGORÍA: CREATIVIDADE

1º premio: "MINION" - CLARA COSTAS (3º A)

2º premio: "MÁSCARA VENECIANA" - MARA JUNCAL (3º B)

3º premio: "NODDY" - REBECA FERNÁNDEZ (1º B)

CATEGORÍA: SIMPATÍA

1º premio: "TRIKI" - CARLOTA CASTRO (3º B)

2º premio: "SETA MARIO BROS" - ELENA AGUETE (3º A)

3º premio: "CHICHO TERREMOTO" - AARÓN FANDIÑO (1º B)

CATEGORÍA: SEMELLANZA

1º premio: "NOVIA CADÁVER" - ANDREA CASTRO (1º A)

2º premio: "DORAEMON" - SARAY FERNÁNDEZ (3º A)

3º premio: "PIKACHU" - SERGIO FANDIÑO (3º A)

( categories: )

CABEZUDOS

Enviado por admin o Xov, 27/02/2014 - 05:22

( categories: )

CARTEL GAÑADOR DO FESTIVAL MUSICAL

Enviado por olalla o Mér, 19/02/2014 - 15:37

O alumnado de 4º ESO está a organizar un festival de música co obxectivo de recadar cartos para a súa viaxe de fin de estudos a Londres. Na materia de Informática cada alumno/a elaborou un deseño dun cartel para promocionar este concerto e, posteriormente, eles mesmos elixiron o que máis lles gustou.

A composición gañadora foi a elaborada por Lucía Martínez Reiriz, de 4º ESO A. Noraboa!

O festival terá lugar o vindeiro domingo 23 de febreiro ás 18:00 h. na Casa do Mar de Bueu e o prezo da entrada é de 3 €. Non faltedes!

( categories: )

ENTROIDO 2014 - Concurso de caretas e cabezudos

Enviado por olalla o Mér, 05/02/2014 - 17:03

Xa queda menos para o Entroido e temos que ir preparando os nosos disfraces... Se queres crear a túa propia careta, anteface ou cabezudo e participar no noso concurso só tes que pensar nun personaxe e poñerte mans á obra.

BASES DO CONCURSO:

Convoca:
Departamento de Educación Plástica e Visual do IES Illa de Ons.

Participantes:
Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Illa de Ons. Cada participante terá a posibilidade de presentar unha soa creación: máscara, careta, cabezudo ou complemento (sombreiro, toucado...).

Temática:
O tema é libre (os deseños poderán estar baseados en personaxes coñecidos ou inventados).

Técnica:
Os traballos deberán realizarse con papel e cola (papel maché). Valorarase a utilización doutros materiais de refugallo.

* Na aula virtual do centro, dentro do curso CONCURSOS, tedes acceso a un documento onde vén explicado o proceso de elaboración de caretas con papel maché.

Forma e prazo de presentación:
A data límite de presentación será o venres 21 de febreiro de 2014. Os traballos deberán entregarse na Aula de Educación Plástica e Visual, onde quedarán gardados ata a súa exposición pública o luns 24 de febreiro.

( categories: )

Camiseta gañadora do concurso

Enviado por olalla o Mar, 21/01/2014 - 07:09

O deseño gañador do concurso de camisetas, convocado a finais de decembro, foi o realizado por Carmen García García (3º ESO A). Noraboa!

 

( categories: )

CONCURSO DE DESEÑO DE CAMISETAS

Enviado por olalla o Mar, 10/12/2013 - 07:42
10/12/2013 12:00
10/01/2014 12:00
Etc/GMT+1

...BASES ...

Convoca:
Departamento de Actividades Extraescolares e Complementarias e Departamento de Educación Plástica e Visual do IES Illa de Ons.

Obxecto:
Este concurso ten como finalidade seleccionar un deseño para elaborar unha serie de camisetas que poñerán á venda os alumnos e alumnas de 2º ESO e 3º ESO do noso centro. O obxectivo é recadar cartos para a excursión que farán á neve durante o presente curso.

Participantes:
Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Illa de Ons. Cada participante terá a posibilidade de presentar todos os deseños que desexe, sempre e cando sexan orixinais e inéditos.

Temática:
O tema é libre e o deseño pode estar creado en base a debuxos, palabras, frases...

* Se cadra, pensando na súa comercialización a nivel local, podedes centrar as vosas ideas nalgo que teña que ver coa cultura popular da vosa terra (costumes, frases típicas...) pero dándolle un toque moderno.

Formato:
O deseño deberá entregarse en lámina de debuxo de tamaño A4 ou ben en formato dixital (20 x 30 cm e 300 ppp). O debuxo só poderá estar realizado nunha cor (serigrafiaranse en negro ou branco sobre a camiseta de cor).

Forma e prazo de presentación:
A data límite de presentación será o día 10 de xaneiro de 2014.
O alumnado que decida presentar o seu deseño nunha lámina, deberá entregalo na Aula de Educación Plástica e Visual dentro do prazo indicado. O envío do deseño dixitalizado pódese realizar a través da Aula Virtual do centro.

 

...IDEAS...
Para que vexades algúns exemplos, aquí tedes seis ligazóns a distintas empresas de deseño de camisetas que centran a súa temática na retranca galega:

 

 

 

 

( categories: )

CONCURSOS DE CREACIÓN

Enviado por olalla o Ven, 29/11/2013 - 18:27

 -CONCURSO DE CREACIÓN "KAREAL "-Aberto o prazo de presentación de traballos para o III Concurso Nacional de Creación KaReal convocado polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura do IES “Ramón María Aller Ulloa” (Lalín, Pontevedra).
 Poderá participar alumnado de ESO, diversificación curricular, programas PCPI, 1º Bach e 2º Bach. Categorías:    •    Marcapáxinas (un único premio de 100 euros)    •    Portada dun libro (un único premio de 100 euros)    •    Poesía visual (un único premio de 100 euros)O prazo para presentar os traballos remata o 30 de xaneiro de 2014.
 Para máis información podes consultar as bases: III Concurso de creación KaReal -CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL "CELTA DE VIGO"   A Fundación do Real Club Celta de Vigo organiza un concurso de postais do Nadal. Poderán participar todos os rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos. A recepción dos traballos será no servizo de atención ao cliente do Corte Inglés de Vigo a partir do 11 de novembro e finalizará o 14 de decembro. Podes consultar as bases completas na seguinte ligazón: Postais Celta de Vigo 2013 -CONCURSO DE DEBUXO "PICASSO CORUÑÉS"-O Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa promoven un concurso de debuxo destinado a alumnos e alumnas de Primaria e ESO, para dar a coñecer a etapa que o xenial artista pasou na cidade da Coruña. Os participantes terán unha idade semellante á de Pablo Picasso durante a súa estancia na Coruña, época na que non só pintou os seus primeiros cadros, senón que elaborou xornais como Azul e Branco, A Coruña ou Torre de Hércules. Por tanto, premiaranse tanto os debuxos como a redacción de noticias e o deseño de publicacións informativas.Bases do concurso

( categories: )

CULTURGAL 2013 - Feira das industrias culturais (Pazo da Cultura de Pontevedra)

Enviado por olalla o Mar, 26/11/2013 - 15:26
29/11/2013 11:00
01/12/2013 14:00
Etc/GMT+1

Ligazón

( categories: )

Deseños con mencións no XI Concurso de carteis contra a violencia de xénero

Enviado por olalla o Mar, 26/11/2013 - 15:14

Marta Vidal Patiño (2º da ESO) e Paula Pena Juncal (1º da ESO), alumnas do noso centro, recibiron dúas mencións especiais polos seus deseños no concurso de carteis organizado polo CIM de Bueu. Podes ver aquí a publicación dos gañadores e gañadoras no xornal.

Noraboa a todo o alumnado participante polo traballo realizado.

Deseños con mencións no XI Concurso de carteis contra a violencia de xénero
( categories: )
Distribuir contido