Artes plásticas

RADIO ONS "COCIÑA CON CRIS"

Enviado por olalla o Mar, 12/05/2015 - 15:31

O pasado venres 8 de maio, o programa de Radio Ons centrouse no mundo da cociña. Os invitados nesta xornada, a chef Cristina Millán Quintela e Joel Ríos Malvido (3º C),  elaboraron tres deliciosos petiscos que puidemos degustar ao remate da emisión. Verónica Chapela, Mercedes Pretel, Ana Vilas, Alba Juncal e Héctor Rodríguez levaron nesta ocasión as rendas. Música gastronómica, proxeccións de deliciosos pratos, curiosidades culinarias, propiedades dos alimentos empregados, adiviñas e chistes (contados por Marcos Ríos) amenizaron o transcurso do programa.

( categories: )

Autorretratos - Plástica 4º ESO

Enviado por olalla o Mar, 24/02/2015 - 17:53

As alumnas de 4º ESO elaboraron, na materia de Educación Plástica e Visual, os seus autorretratos con lapis brando e difuminos. Podedes ver o proceso de creación no seguinte vídeo.

( categories: )

ENTROIDO 2015 - CONCURSO DE CARETAS E CABEZUDOS

Enviado por olalla o Lun, 16/02/2015 - 16:40

     O pasado venres tivo lugar no IES Illa de Ons unha pequena festa para celebrar o Entroido. Ademais de disfraces, bailes e comparsas houbo un concurso de gastronomía e outro de caretas e cabezudos. Neste último participaron alumnos e alumnas de 1º e 3º da ESO, que presentaron verdadeiras obras de arte creadas por eles mesmos. O xurado tivo realmente complicada a elección dos gañadores desta convocatoria.

Os gañadores e gañadoras do concurso de caretas e cabezudos deste Entroido son os seguintes:

CATEGORÍA:ELABORACIÓN

1º premio: ESTATUA MOÁI DA ILLA DE PASCUA – ANA QUEIMAÑO (3º A)

2º premio: NEMO – LUCÍA LÓPEZ (1º A)

3º premio: HOMER SIMPSON – JOÃO SILVA (3º A)

CATEGORÍA:CREATIVIDADE

1º premio: MÁSCARA AFRICANA – ALBA JUNCAL (3º B)

2º premio: PLATERO – CARMEN AGUETE (1º A)

3º premio: MORDECAI – MERCEDES PRETEL (3º C)

CATEGORÍA:SIMPATÍA

1º premio: DORAEMON – ÓSCAR GÓMEZ (1º B)

2º premio: NARANJITO – ÁNGEL PIÑEIRO (3º B)

3º premio: MAFALDA – CLAUDIA RIAL (1º A)

Durante o recreo do vindeiro venres (20 de febreiro) realizarase a entrega de premios.

 

( categories: )

CONCURSO DE CARETAS - ENTROIDO 2015

Enviado por olalla o Lun, 19/01/2015 - 14:58

       Un ano máis, o Departamento de Educación Plástica e Visual súmase á celebración do Entroido convocando un concurso de caretas e cabezudos. Só tes que pensar nun personaxe, procurar o material básico (un globo ou caixa de cartón, papel, cola, auga e unhas pinturas) e deixar fluír o teu espírito creativo.

BASES DO CONCURSO:

Participantes:
Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Illa de Ons. Cada participante terá a posibilidade de presentar unha soa creación: máscara, careta, cabezudo ou complemento (sombreiro, toucado...).

Temática:
O tema é libre (os deseños poderán estar baseados en personaxes coñecidos ou inventados).

Técnica:
Os traballos deberán realizarse con papel e cola (papel maché). Valorarase a utilización doutros materiais de refugallo.

* Na aula virtual do centro, dentro do curso CONCURSOS, tedes acceso a un documento onde vén explicado o proceso de elaboración de caretas con papel maché.

Forma e prazo de presentación:
A data límite de presentación será o luns 9 de febreiro de 2015. Os traballos deberán entregarse na Aula de Educación Plástica e Visual, onde quedarán gardados ata a súa exposición pública o martes 10 de febreiro.

( categories: )

25 de Novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Enviado por olalla o Lun, 01/12/2014 - 12:53

     A semana pasada, co fin de conmemorar o día .25 de Novembro., foron expostos no noso centro os traballos presentados polo alumnado ao concurso de carteis convocado anualmente polo CIM (Centro de Información á Muller). O cartel presentado pola alumna Marta Vidal Patiño, de 3º ESO A, resultou premiado cunha mención especial, polo que foi convidada a un acto organizado pola entidade organizadora do concurso para recoller o seu Diploma.

Autora: Marta Vidal Patiño

    

Ademais foron expostos catro carteis elaborados polo alumnado do centro nos que, sobre diferentes siluetas de mulleres, cada alumno/a escribiu frases, cancións, poemas... rexeitando a violencia de xénero.

 

 

( categories: )

Radio Illa de Ons

Enviado por olalla o Xov, 27/11/2014 - 13:41

     Xa todas e todos sabedes que a Radio Illa de Ons vai vento en popa. Tras recibir unha serie de indicacións de como realizar un proxecto radiofónico, unha parte do alumnado do centro estivo a traballar, durante as últimas semanas, na elaboración de diferentes contidos: entrevistas, noticiarios, publicidade de eventos, emisións musicais... Tamén tiveron que practicar co equipo técnico do que dispón a radio: micros, mesa de son, biblioteca de arquivos de audio, cámaras... Para ambientar o espazo radiofónico, as alumnas de Plástica de 4º ESO elaboraron un panel decorativo.

 

 

 

 Cada venres, na hora do recreo, un grupo de alumnos e alumnas emitirá un programa en directo para o resto da comunidade educativa. Ata o momento o alumnado de 2º A, 2º B e 4º xa viviron esta experiencia e entrevistaron aos profesores Toño e José Luís e ao alcalde de Bueu, Félix Juncal. No seguinte resumo fotográfico podedes ver como se levou a cabo esta última entrevista.

 

O Equipo de Dinamización Lingüística é quen promove esta actividade. Se queredes saber máis sobre outras propostas podedes acceder ao seu CADERNO DE BITÁCORA.

( categories: )

CONCURSO DE CARTEIS - 25 de Novembro

Enviado por olalla o Xov, 30/10/2014 - 16:52

     O CIM de Bueu convoca, un ano máis, un concurso de carteis para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional da Non Violencia contra a Muller. O obxectivo é acadar unha maior sensibilización nos escolares na prevención e erradicación de comportamentos violentos contra as mulleres. O curso pasado, Marta Vidal Patiño e Paula Pena Juncal, alumnas do noso centro, recibiron dúas mencións especiais polos seus traballos. Animamos a todo o alumnado do IES Illa de Ons a presentarse nesta nova edición.

BASES DO CONCURSO

 

Cartel gañador da convocatoria pasada, realizado por Sergio Otero Martínez (alumno de Bacharelato do IES Johan Carballeira):

 

( categories: )

Traballos realizados polo alumnado de 3º ESO

Enviado por olalla o Ven, 20/06/2014 - 11:36

     O alumnado de 3º ESO realizou, no terceiro trimestre do curso, unha serie de debuxos con lapis e difuminos a partir de fotografías en branco e negro. Primeiro elixiron as imaxes a representar, procuradas en revistas ou realizadas por eles mesmos (a familiares, amigos...) e, a continuación, traballaron en láminas o encaixe e claroscuro das mesmas. Podedes ver os resultados no seguinte vídeo.

( categories: )

Traballos realizados polo alumnado de 1º ESO

Enviado por olalla o Lun, 16/06/2014 - 15:59

O alumnado de 1º ESO realizou, na 2ª avaliación do curso, unha serie de graffitis baseados no seus nomes e/ou alcumes. Ademais de aprender a utilizar a aplicación GRAFFITI CREATOR, que permite realizar graffitis con múltiples efectos, deseñaron distintos tipos de letras para poder elaborar sobre o papel as súas propias ideas con cores, texturas e formas variadas. No seguinte vídeo podedes ver o resultado.

( categories: )

Visita á Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Enviado por olalla o Xov, 10/04/2014 - 14:42

    O pasado mércores 9 de abril, o alumnado de 3º ESO e 4º ESO visitou a Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo) para coñecer as súas instalacións e as diferentes actividades que alí se realizan.

    A Vicedecana de organización académica, Paloma Cabello, recibiunos na SALAX (sala de exposicións) onde nos explicou as distintas ofertas de titulacións e saídas profesionais desta carreira. Tamén comentou a existencia dunha titulación propia da Universidade de Vigo, os Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galiza (ESDEMGA), e regalounos varios catálagos de DEBUT 2013, a pasarela de moda na que o alumnado do último curso presenta os seus traballos de fin de carreira.

    A continuación fixemos un percorrido polas distintas instalacións da Facultade, onde os técnicos especialistas ensinaron ao noso alumnado a maquinaria específica coa que contan e os diferentes traballos que se poden realizar.

    Os laboratorios e talleres visitados foron os seguintes:

  • Laboratorio de Técnicas Gráficas
  • Laboratorio de Fotografía
  • Plató de Fotografía
  • Plató de Audiovisuais
  • Taller de Metal
  • Taller de Madeira
  • Taller de Cerámica
  • Taller de Plásticos
  • Aula de Pintura
  • Aula de Escultura
  • Aula de Audiovisuais

      

    No Laboratorio de Técnicas Gráficas tivemos a oportunidade de coñecer a técnica de estampación serigráfica e incluso de facer algunhas camisetas, utilizando como imaxe o deseño de Carmen García (3º A), gañadora do concurso convocado no noso centro en xaneiro.

    Moitas grazas a todo o persoal da facultade de Belas Artes (Paloma, Andrés, Zabala, Eduardo e Fernando) polas súas interesantes explicacións.

Ligazóns de interese:

FACULTADE DE BELAS ARTES

SALAX

GRAO EN BELAS ARTES

ESDEMGA

DEBUT 2013

 

( categories: )
Distribuir contido