Iniciar sesión |
CONCURSOS DE CREACIÓNEnviado por olalla o Ven, 29/11/2013 - 18:27
-CONCURSO DE CREACIÓN "KAREAL "-Aberto o prazo de presentación de traballos para o III Concurso Nacional de Creación KaReal convocado polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura do IES “Ramón María Aller Ulloa” (Lalín, Pontevedra). Poderá participar alumnado de ESO, diversificación curricular, programas PCPI, 1º Bach e 2º Bach. Categorías: • Marcapáxinas (un único premio de 100 euros) • Portada dun libro (un único premio de 100 euros) • Poesía visual (un único premio de 100 euros)O prazo para presentar os traballos remata o 30 de xaneiro de 2014. Para máis información podes consultar as bases: III Concurso de creación KaReal -CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL "CELTA DE VIGO" A Fundación do Real Club Celta de Vigo organiza un concurso de postais do Nadal. Poderán participar todos os rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos. A recepción dos traballos será no servizo de atención ao cliente do Corte Inglés de Vigo a partir do 11 de novembro e finalizará o 14 de decembro. Podes consultar as bases completas na seguinte ligazón: Postais Celta de Vigo 2013 -CONCURSO DE DEBUXO "PICASSO CORUÑÉS"-O Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa promoven un concurso de debuxo destinado a alumnos e alumnas de Primaria e ESO, para dar a coñecer a etapa que o xenial artista pasou na cidade da Coruña. Os participantes terán unha idade semellante á de Pablo Picasso durante a súa estancia na Coruña, época na que non só pintou os seus primeiros cadros, senón que elaborou xornais como Azul e Branco, A Coruña ou Torre de Hércules. Por tanto, premiaranse tanto os debuxos como a redacción de noticias e o deseño de publicacións informativas.Bases do concurso ( categories: )
|
Eventos
|